Colegio Oficial de Farmaceuticos de Ourense
asgafa
sergas
portalfarma
logoama
bannerCF 300x90
Bolsa Farmamundi 40g

Concierto

ANEXO A.-Características da prestación farmacéutica

 

1.-CARACTERÍSTICAS XERAIS

Só serán dispensables con cargo ao Servizo Galego de Saúde as prescricións daqueles produtos farmacéuticos que, formando parte da súa prestación farmacéutica, se efectúen nas correspondentes receitas oficiais e se axusten aos requisitos xerais que indica a normativa vixente e os especificamente establecidos neste concerto.

 

Os farmacéuticos están obrigados, dentro do horario autorizado ao abeiro da Lei 5/1999, do 21 de maio, de ordenación farmacéutica e normativa de desenvolvemento e no Decreto 342/1999, do 16 de decembro, sobre horarios, quendas de urxencia e vacacións das oficinas de farmacia modificado polo Decreto 311/2004, do 22 de decembro e demais regulacións que se establezan ao respecto, a efectuar a dispensación aos usuarios do Sistema Nacional de Saúde con dereito recoñecido á prestación farmacéutica, sempre que o usuario ou persoa que o represente achegue unha receita oficial que reúna os requisitos de validez que se sinalan neste anexo, presente a tarxeta sanitaria individual e aboe a contribución económica que lle corresponda.

 

Para efectuar a antedita dispensación, procederase do seguinte xeito:

 

  1. Comprobarase se a receita presenta tódolos requisitos necesarios para a súa correcta dispensación previstos na normativa vixente sobre receita médica.

  2. Solicitarase ao usuario ou persoa que o represente a presentación da tarxeta sanitaria individual, segundo os requisitos establecidos no Decreto 370/2003, do 2 de outubro, de uso da tarxeta sanitaria para o acceso á prestación farmacéutica.No caso de usuarios estranxeiros protexidos por un convenio con cobertura da prestación farmacéutica, solicitarase a tarxeta sanitaria europea ou documento acreditativo de ser beneficiario de dito convenio.

  3. Procederase a capturar os datos de identificación do paciente (CIP) por medio da lectura da banda magnética da súa tarxeta sanitaria individual (TIS). En caso de imposibilidade de lectura introducirase o dato manualmente. No caso de usuarios con dereito á prestación farmacéutica doutros servizos de saúde ou estranxeiros protexidos por un convenio con cobertura da prestación farmacéutica, o dato de identificación do paciente a capturar será o D.N.I para usuarios doutras Comunidades ou N.I.E ou número de pasaporte para estranxeiros. Tamén será obrigatorio nestes casos, rexistrar a Comunidade Autónoma ou país de procedencia.

  4. Tras a identificación inequívoca do paciente, e no seu caso da persoa en quen delegue, o farmacéutico só poderá acceder desde os equipos instalados na oficina de farmacia, cos requisitos e condicións que se establecen no anexo E e na normativa vixente, aos datos necesarios para unha correcta dispensación informada e seguimento do tratamento e dispensará exclusivamente, de entre as prescricións pendentes de dispensar, as que o paciente solicite.

  5. Procederase a rexistrar a información contida na receita presentada polo usuario. A captación destes datos realizarase, segundo o seu formato en soporte papel ou electrónico, do seguinte xeito:

 

5.1 No caso das receitas emitidas electrónicamente a captación dos datos efectuarase de xeito automático a través do sistema de dispensación electrónico. Os códigos de clasificación de aportación de cada usuario virán recollidos na base de datos de tarxeta sanitaria individual, de conformidade coa información facilitada polo Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS), polo que serán captados automaticamente da mesma, salvo no caso do código de aportación “ATEP”, para as receitas de accidentes de traballo ou enfermidade profesional e “Campaña sanitaria” que deberá ser indicado polo facultativo prescritor directamente na ferramenta de prescrición electrónica.

 5.2  No caso das receitas emitidas en formato papel, a oficina de farmacia no momento da dispensación, incorporará a información contida nas mesmas ao sistema de dispensación electrónico, tomando a porcentaxe de aportación do usuario do indicado na base de datos de tarxeta sanitaria individual, de conformidade coa información facilitada polo INSS, e procedendo a captar os datos seguintes:

 

      1. Identificación do medicamento ou produto dispensado (6 díxitos): código nacional ou código da etiqueta autoadhesiva ou do selo segundo o caso (modelo anexo I contido no anexo C)

      2. Número de envases, no caso de receitas que conteñan máis dun envase (1 díxito)

      3. Data de dispensación, formato AAAAMMDD (8 díxitos)

      4. Datos de identificación do paciente: CIP (ou dato administrativo de identificación do paciente doutra Comunidade Autónoma ou estranxeiro detallados no punto 3 deste apartado)

      5. Datos da Comunidade Autónoma ou país, no caso de usuarios non pertencentes ao Servizo Galego de Saúde

      6. Número de identificación da receita (12 díxitos)

      7. Código de identificación da oficina de farmacia

      8. Código numérico persoal (CNP) do facultativo prescritor do Servizo Galego de Saúde.

 

No caso de receitas de facultativos doutros servizos de saúde ou nos casos nos que nas receitas non estea dispoñible o CNP, procederá a gravarse o número de identificación ou o nome e apelidos do facultativo dispoñible na mesma. Na gravación do CNP será aplicable o referenciado como punto 6 para a posición 12 do soporte informático no apartado 3.2 do Anexo C

 

   i. Prezo de venda ao público (8 díxitos)

   j. Sinatura electrónica recoñecida do farmacéutico responsable da dispensación.

   k. Indicación de receita de “Campaña sanitaria” ou de “Accidente de traballo/ enfermidade profesional”, cando proceda

   l. Indicación de receita homologada, cando proceda

  

Tanto nas receitas electrónicas como nas receitas formato papel, no momento do pagamento na oficina de farmacia, independentemente do código de clasificación de aportación (TSI) rexistrado na receita papel ou da cor da receita, o que primará será sempre o tramo de aportación que figure no Sistema de Receita Electrónica, de acordo coa información recollida na base de datos de tarxeta sanitaria.

 

O cálculo do importe da aportación correspondente a cada usuario en concreto será comunicada polo sistema electrónico á oficina de farmacia no momento de realizar á dispensación.

No caso de receitas doutros servizos de saúde correspondentes a pacientes desprazados doutras Comunidades Autónomas, o sistema electrónico informará acerca do seu código de clasificación tras efectuar a consulta polo NIF do paciente.

No que se refire a usuarios estranxeiros, deberá considerarse en primeiro lugar o código de clasificación que indique a receita prescrita ao usuario e no caso que non se indique nada na mesma, aplicarase por defecto unha aportación do 10 % nas receitas de pensionistas e do 50% nas receitas de activos.

 

En calquera caso, a totalidade das receitas que se capten por este procedemento deberán axustarse ao previsto no anexo C do concerto a efectos da súa facturación

 

     6.  A incorporación da información das receitas en formato papel no sistema de dispensación electrónico consolidará, en dito sistema, os datos relativos ao nome do farmacéutico e número da oficina de farmacia, data de dispensación e sinatura do farmacéutico, coa salvedade das dispensacións obxecto de substitución por parte do farmacéutico de acordo coa normativa vixente, para as cales a sinatura electrónica non substituirá, en ningún caso, a sinatura que debe consignarse na dilixencia levada a cabo na receita.

     7.  Procederase á recollida do cupón precinto como mecanismo de control da dispensación. Atendendo ao formato da receita presentada polo usuario este procedemento realizarase do seguinte xeito:

 

   7.1.  Recollida do cupón precinto nas receitas en formato papel:

Colocarase no lugar reservado para o efecto o cupón ou cupóns-precinto cando se trate de produtos farmacéuticos provistos del. Nos casos excepcionais que puideran xurdir de produtos sen cupón precinto, como xustificante da dispensación, adherirase, sempre que sexa factible, un fragmento da embalaxe no que conste o nome e custo de venta ao público deste produto.

 

7.2.  Recollida do cupón precinto nas receitas en formato electrónico:

  

    1. Os cupóns recolleranse en follas pre-impresas de conformidade co modelo normalizado recollido como anexo I neste capítulo, con celdas que delimitarán o espazo para un cupón.

    2. As follas de recollida serán documentos asociados á farmacia e non ao paciente.

    3. Cada folla estará identificada por un código único para toda Galicia. Ese código único figurará impreso en formato alfanumérico e con código de barras. Poderá excepcionarse pola Comisión Autonómica Central de maneira transitoria este requisito.

    4. A farmacia quedará identificada en cada folla no espazo destinado a tal efecto e indicará a data de utilización da mesma.

    5. En cada documento pódense incluír dispensacións a varios pacientes. Os cupóns precintos non teñen que pegarse por orden de dispensación, senón que poden pegarse en diferentes follas sempre e cando os cupóns precintos de todos os medicamentos dispensados nun único acto a un paciente concreto estean nunha única folla e non se inclúan cupóns dispensados en días distintos nunha mesma folla.

    6. As follas non ten que estar completas senón que pode quedar algunha casilla sen encher.

    7. As follas de recollida dos cupóns deberán entregarse ordenadas por numeración ou por datas ao Servizo Galego de Saúde nos mesmos lugares no que se entregan as receitas en formato papel.

    8. As follas de recollida dos cupóns precinto presentados no mes de facturación deberán ir acompañadas dunha folla resume, conforme ao modelo do anexo VI recollido no anexo C, onde se desglose por día: número de follas de recollida de cupón precinto, número total de cupóns precinto, número de envases y número de receitas electrónicas.

 

             8.  No acto da dispensación, procederase á realizar a información farmacoterapéutica ao usuario para os efectos do uso racional do medicamento ou produto sanitario dispensado e entregarase o recibo no que se faga constar a identificación da oficina de farmacia, a data de dispensación, o nome do medicamento dispensado e no seu caso as unidades concretas do mesmo, o P.V.P e a aportación do paciente, de acordo coa normativa vixente na materia.

 

2.-MEDICAMENTOS

 

O financiamento dos medicamentos estará sometido ao establecido na vixente Lei 29/2006, de 26 de Xullo, de garantías e uso racional de medicamentos e produtos sanitarios, conforme ao regulado na Lei 16/2003, de 28 de mayo de cohesión y calidad del Sistema Nacional de Salud e demais disposicións e regulacións normativas ditadas no seu desenvolvemento

A dispensación de medicamentos levarase a cabo dentro do marco establecido no Real Decreto 1718/2010, de 17 de diciembre, sobre receita médica y órdenes de dispensación segundo os requisitos establecidos neste anexo, utilizando como xustificante de dispensación o cupón-precinto normalizado.

Non poderán ser dispensadas con cargo ao Servizo Galego de Saúde, os medicamentos excluídos da prestación farmacéutica do Sistema Nacional de Salud, de acordo co disposto no Real decreto 83/1993, do 22 de xaneiro, polo que se regula a selección dos medicamentos a efectos do seu financiamento polo Sistema Nacional de Saúde, e no Real decreto 1663/1998 do 24 de xullo, polo que se amplía a relación de medicamentos a efectos do seu financiamento con cargo a fondos da Seguridade Social ou a fondos afectos á Sanidade e a Resolución de 2 de agosto de 2012, de la Dirección General de Cartera Básica de Servicios del Sistema Nacional de Salud y Farmacia, por la que se procede a la actualización de la lista de medicamentos que quedan excluídos de la prestación farmacéutica en el Sistema Nacional de Salud e demais exclusións do financiamento que realice o órgano responsable da prestación farmacéutica do Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad

Os medicamentos incluídos na oferta, que pasan a ser publicitarios e os excluídos do financiamento (EXO), terán efectos na dispensación con cargo ao Servizo Galego de Saúde na data que estableza o organismo competente na materia do Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad e conforme a información dispoñible no Nomenclátor Oficial de produtos farmacéuticos ao respecto.

A dispensación de receitas nas que a súa prescrición sexa realizada por principio activo ou, no seu defecto, denominación común internacional (DCI), realizarase seguindo o establecido na normativa vixente na materia no artigo 85 da vixente Lei 29/2006, de 26 de Xullo, de garantías e uso racional de medicamentos e produtos sanitarios.

Criterios de substitución

A substitución de medicamentos polo farmacéutico no acto de dispensación, axustarase ao establecido pola normativa vixente no artigo 86 da vixente Lei 29/2006, de 26 de Xullo, de garantías e uso racional de medicamentos e produtos sanitarios, ou na normativa que no seu caso a substitúa.

O farmacéutico dispensará o medicamento prescrito polo médico. Con carácter excepcional, cando por causa de desabastecemento non se dispoña na oficina de farmacia do medicamento prescrito ou concorran razóns de urxente necesidade na súa dispensación, o farmacéutico poderá substituílo polo de menor prezo. En todo caso, deberá ter igual composición, forma farmacéutica, vía de administración e dosificación. O farmacéutico informará en todo caso ao paciente sobre a substitución e asegurarase de que coñeza o tratamento prescrito polo médico.

Cando a prescrición se realice por denominación comercial, se o medicamento prescrito ten un prezo superior ao do prezo menor da súa agrupación homoxénea o farmacéutico substituirá o medicamento prescrito polo medicamento de prezo máis baixo da agrupación homoxénea e, en caso de igualdade de prezo, dispensará o medicamento xenérico ou o medicamento biosimilar correspondente.

 

 

Dispensación de máis dun envase por receita

 

A dispensación de mais de un envase por receita farase de conformidade coa normativa vixente en cada momento sobre receitas médicas e dispensación de medicamentos. Actualmente os supostos nos que se poderá dispensar máis dun envase por receita están establecidos no Real Decreto 1718/2010, de 17 de diciembre, sobre receita médica y órdenes de dispensación.

 

 

Sempre e cando así o indique a receita, poderase dispensar cunha mesma receita máis dun envase e hasta catro envases por receita da especialidade farmacéutica prescrita nos casos seguintes:

  • a) Presentacións en unidose e por vía parenteral do grupo terapéutico «J01 Antibacterianos para uso sistémico», a excepción dos subgrupos J01E, J01M y J01R No caso de presentacións orais deberá terse en conta que se poderán prescribir ata dous envases sempre que teñan a mesma Denominación Común Internacional (DCI), dose, forma farmacéutica e formato.

  • b) Viais multidose (excepto cartuchos multidose) do grupo terapéutico A10A «Insulinas e análogos».

  • c) Medicamentos que conteñan sustancias estupefacientes incluidas na lista I da Convención Única de 1961 de estupefacientes, de acordo coa normativa específica de aplicación.

  • d) Medicamentos de diagnóstico hospitalario.

 Calquera outro medicamento que se determine legalmente no futuro.

 

3.-FÓRMULAS MAXISTRAIS E PREPARADOS OFICINAIS

 

A dispensación de fórmulas maxistrais e preparados oficinais levarase a cabo segundo os requisitos xerais establecidos neste anexo e os especificados para estes medicamentos no anexo B.

 

4.-EFECTOS E ACCESORIOS

A dispensación de efectos e accesorios, axustaranse ao establecido para os medicamentos no presente concerto, coas peculiaridades recollidas neste anexo. Considéranse efectos e accesorios dispensables con cargo ao Servizo Galego de Saúde, aqueles que incluidos na prestación farmacéutica do Sistema Nacional de Saúde, dotados do correspondente cupón-precinto autorizados e rexistrados no Nomenclátor Oficial de Produtos Farmacéuticos.  

 

Para a dispensación de absorbentes de incontinencia urinaria, tiras reactivas de control de glicemia e máis de catro envases nas sondas de látex para enfermos afectos de vexiga neuróxena como secuela de lesión medular en programa de autosondaxe intermitente será necesaria a homologación sanitaria previa das receitas prescritas, segundo o establecido no punto 11 deste anexo.

 

Criterios de substitución

 

Os efectos e accesorios e demais produtos sanitarios poderán ser substituídos seguindo criterios que garantan idéntico produto e levarase a cabo nos mesmos supostos e de maneira similar aos establecidos para a substitución de medicamentos.

 

Na dispensación de absorbentes de incontinencia urinaria pola oficina de farmacia deberá atenderse a tipoloxía do absorbente prescrito. No caso de substitución da marca prescrita deberá garantirse o coñecemento e conformidade do paciente mediante dilixencia na receita asinada polo farmacéutico.

No caso que proceda a substitución nas receitas en formato electrónico, o farmacéutico procederá a dilixenciala de xeito telemática, o que suporá o rexistro do efecto e accesorio dispensado, a especificación do motivo de substitución e a sinatura electrónica recoñecida do farmacéutico responsable da dispensación.

Dispensación de máis dun envase por receita

Sempre e cando así o indique a receita, poderase dispensar cunha mesma receita máis dun envase do efecto ou accesorio prescrito, nos casos seguintes:

  1. Absorbentes de incontinencia urinaria, das que se poderá dispensar de un a catro envases.

  2. Tiras reactivas de control de glicemia, das que se poderá dispensar de un a catro envases

  3. Sondas de látex prescritas para enfermos afectos de vexiga neuróxena como secuela de lesión medular, en programa de autosondaxe intermitente, das que se poderá dispensar máis de catro envases, segundo o disposto na Instrución do 3 de febreiro de 1999 da Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade.

 

5.-VACUNAS ANTIALERXICAS E BACTERIANAS INDIVIDUALIZADAS 

Considéranse vacinas antialérxicas individualizadas e vacinas individualizadas bacterianas para os efectos da súa dispensación con cargo ao Servizo Galego de Saúde, as preparadas con axentes inmunizantes, á concentración e dilución específica de acordo coa correspondente prescrición facultativa para un paciente determinado de acordo coa normativa vixente.

Para que as receitas oficiais, nas que se prescriban vacinas individualizadas antialérxicas ou vacinas individualizadas bacterianas, sexan dispensables con cargo ao Servizo Galego de Saúde, na prescrición se especificará cada un dos antíxenos coa súa composición cualitativa e cuantitativa, agás nos tratamentos de continuación nos que poderá non figurar a dita composición sempre que na receita se especifique esta circunstancia.

Para a dispensación de todas as vacinas antialérxicas individualizadas e vacinas bacterianas precisarase a homologación sanitaria previa da receitas.

As vacinas antialérxicas individualizadas e vacinas individualizadas bacterianas que estean autorizadas para a súa dispensación con cargo ao Servizo Galego de Saúde levarán unha etiqueta identificativa, que deberá adherirse á receita oficial no momento da dispensación e, na que constarán os seguintes datos:

  • Composición cualitativa e cuantitativa, vía de administración, médico prescritor, nome do paciente ao que vai destinado, nome do laboratorio preparador, nome de referencia de fabricación, data de caducidade e prezo.

Só se aceptarán na facturación con cargo ao Servizo Galego de Saúde aquelas vacinas individualizadas antialérxicas e as vacinas individualizadas bacterianas, preparadas con axentes inmunizantes, a concentración e dilución específica en base á correspondente prescrición facultativa para un paciente determinado, de acordo coa normativa vixente.

6.-PRODUTOS DIETETICOS 

 

A dispensación a través de receita médica oficial con cargo ao Servizo Galego de Saúde comprenderá aqueles produtos dietéticos incluídos na Oferta do Nomenclátor Oficial de Produtos Dietéticos incluídos nos tipos HLAA “Fórmulas sen lactosa para lactantes” e LAPL “Fórmulas con hidrolizados de proteínas lácteas”.

Para a dispensación destes produtos dietéticos, será necesaria a homologación sanitaria previa das receitas prescritas, segundo o establecido no punto 11 deste anexo.

Dispensación de máis dun envase por receita

Sempre e cando así o indique a receita, poderase dispensar cunha mesma receita de un a catro envases dos produtos dietéticos incluídos nos citados tipos.

 

7.- BLOQUEO CAUTELAR DAS DISPENSACIONS PENDENTES NO SISTEMA DE RECETA ELECTRONICA 

 

O sistema electrónico permite que o farmacéutico poida bloquear cautelarmente a posibilidade de dispensación dun medicamento prescrito cando se aprecie a existencia de erro manifesto na prescrición, inadecuación desta ás condicións da persoa enferma ou á medicación concomitante, ou calquera outro motivo que poida supoñer un risco manifesto e evidente para a saúde do paciente. Esta circunstancia comunicarase, de xeito telemática, ao profesional que realizou a prescrición, mediante a formalización do informe previsto para tal efecto no dito sistema. Así mesmo, informará sobre dito bloqueo ao paciente.

8.-PARTICIPACION ECONOMICA DO USUARIO 

O custo da participación económica no pago da prestación farmacéutica dos usuarios/ beneficiarios dos Sistema Nacional de Salud para as receitas de medicamentos será a establecida en cada momento na lexislación vixente na materia.

A antedita participación económica aplicarase ás fórmulas maxistrais, preparados oficinais, vacinas antialérxicas individualizadas e vacinas bacterianas individualizadas así como, os efectos e accesorios en xeral.

 

A participación económica para receitas de medicamentos, efectos e accesorios e produtos dietéticos clasificados en grupos ou subgrupos de participación reducida será establecida na lexislación vixente na materia.

8.1   Prestación farmacéutica:

Os porcentaxes e topes máximos de aportación correspondentes a cada usuario considerados serán os recollidos na base de datos da tarxeta sanitaria, de conformidade cos datos comunicados polo Instituto Nacional da Seguridade Social, tendo en conta os fixados polo artigo 94 e 94bis da Lei 29/2006, de 26 de xullo, de garantías e uso racional dos medicamentos e produtos sanitarios e conforme ás actualizacións que se formalicen destas cuantías por resolución ou orde da unidade responsable de farmacia do Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad.

En calquera caso, no momento do pagamento na oficina de farmacia, independentemente do código de clasificación da aportación (TSI) rexistrado na receita en formato papel ou da cor da receita, o que primará será sempre o tramo de aportación que figure no sistema de receita electrónica, de acordo coa información recollida na base de datos de tarxeta sanitaria.

No caso nos que o importe exceda o tope máximo de aportación mensual fixado para os usuarios pensionistas no dito artigo 94bis, establécese un límite mensual de aportación para as dispensacións efectuadas a través do sistema de dispensación de receita electrónica do Servizo Galego de Saúde e que será de aplicación, exclusivamente, a aqueles usuarios, con tarxeta Sanitaria en vigor do Servizo Galego de Saúde e con dereito a prestación farmacéutica a cargo desta entidade, sempre que sexan prescritos por facultativos da rede do Sistema Nacional de Saúde.

As cuantías destes límites poderán ser actualizadas mediante resolución ou orde da unidade responsable de farmacia do Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad.

8.2.   Prestación con produtos dietéticos

O custo da participación económica no pago da prestación con produtos dietéticos quedará suxeita ás modificacións que se introduzan en dita prestación tal e como recolle o punto 4 do artigo 8ter da Lei 16/2003, do 28 de maio, de cohesión e calidade do Sistema Nacional de Saúde ou a establecida en cada momento na lexislación vixente na materia.

 

9.-RECEITAS FACTURABLES 

1.     Realizada a dispensación segundo os requisitos establecidos no apartado 1 deste anexo, só serán facturables con cargo ao Servizo Galego de Saúde todas aquelas receitas oficiais do Sistema Nacional de Saúde con prescrición de medicamentos, efectos e accesorios e produtos dietéticos incluídos no correspondente Nomenclátor Oficial, e que estean provistas do cupón precinto correspondente e/ou reúnan os requisitos establecidos no punto 12 deste anexo.

2.      Só poderán ser dispensadas con cargo ao Servizo Galego de Saúde as fórmulas maxistrais e preparados oficinais que se axusten ás características recollidas no correspondente anexo e sexan financiadas polo Sistema Nacional de Saúde de acordo coa normativa vixente en cada momento.

3.      Non poderán dispensarse nunha receita, conxuntamente, medicamentos, fórmulas maxistrais, preparados oficinais, efectos e accesorios.

4.      En cada receita unicamente poderá dispensarse un só envase dun medicamento, efecto accesorio, fórmula maxistral ou preparado oficinal, a excepción dos casos especificados neste anexo para os medicamentos, efectos e accesorios ou produtos dietéticos.

5.      Os farmacéuticos non dispensarán ningún medicamento, nin produto sanitario cando xurdan dúbidas razoables sobre a validez da receita oficial do Sistema Nacional de Saúde que se presente e sobre os datos da tarxeta sanitaria individual ou documento que a substitúa do cidadán para o que se efectuou a prescrición. En relación co artigo 5 da Lei 28/92, do 24 de novembro, os farmacéuticos extremarán a cautela no caso de prescricións a persoas que non teñan dereito á gratuidade. Igualmente e en relación co artigo 19 do Real Decreto 1718/2010, de 17 de diciembre, sobre receita médica y órdenes de dispensación e o artigo 9 do Real Decreto 1675/2012, de 14 de diciembre, por el que se regulan las recetas oficiales y los requisitos especiales de prescripción y dispensación de estupefacientes para uso humano y veterinario, extremarán a cautela no caso de prescricións de estupefacientes e psicótropos, respectando e garantindo, non obstante, o dereito á intimidade persoal e familiar dos cidadáns, comprobando previamente á súa dispensación que a receita conteña os datos que permitan a identificación do prescritor e paciente, segundo o disposto no artigo 77.4 da vixente Lei 29/2006, de 26 de Xullo, de garantías e uso racional de medicamentos e produtos sanitarios.

6.    Para a dispensación das receitas, verificarase que na prescrición figuren os datos básicos de identificación do produto farmacéutico, de acordo coa normativa vixente. Excepcionalmente poderán dispensarse aquelas receitas médicas que carecendo dalgún ou dalgúns dos seguintes datos: forma farmacéutica, dose por unidade, vía de administración, formato ou presentación; estea garantida a súa identificación inequívoca, por existir unha única presentación do medicamento, avalada pola firma do farmacéutico. Nestes supostos, a ausencia da firma do farmacéutico motivará a anulación total da receita. Cando exista máis dunha presentación e falten algún de ditos datos, considerarase que o medicamento está identificado unicamente nos casos nos que o farmacéutico faga constar ao dorso da receita que coñece a presentación do medicamento prescrito, certificándoo cunha nova firma, garantindo ademais que o paciente foi informado.

7.    A totalidade das receitas, incluíndo tanto as receitas en soporte papel incorporadas ao Sistema de Receita Electrónica como as receitas electrónicas, deberán ser facturadas no mes correspondente ao da súa dispensación. Excepcionalmente, as receitas en soporte papel incorporadas ao Sistema de Receita Electrónica e as e-receitas poderán ser facturadas, como máximo, na facturación correspondente ao mes seguinte ao que foron dispensadas cando non foron facturadas no seu mes por algunha incidencia técnica, xa sexa telefónica, informática, electrónica ou eléctrica, unha vez comprobada pola Comisión Autonómica Central.

  

10.-COMPROBANTE DA PARTICIAPCION ECONOMICA DO USUARIO PARA A SOLICITUDE DE REINTEGRO DE GASTOS 

Cando un usuario solicite información acreditativa dos produtos dispensados, coa finalidade de presentar unha solicitude de reintegro de gastos no seu servizo de saúde, a oficina de farmacia deberá subministrar os seguintes documentos:

 a.-Recibo da oficina de farmacia:

 A oficina de farmacia deberá emitir un recibo por persoa. Se un usuario retira receitas correspondentes a varias persoas, emitiranse recibos por separado a cada persoa. O recibo incluirá os seguintes datos:

    • •Identificación da oficina de farmacia
    • •Data de dispensación
    • •Produto dispensado: nome do produto dispensado, o seu PVPIVA e aportación do paciente.
    • •Sumatorio de importes PVPIVA dos produtos e da aportación do paciente.
    • •Código de identificación persoal do paciente (CIP ou equivalente de cada Comunidade Autónoma, ou DNI, no seu defecto)

b.-Xustificante da prescrición dispensada:

Copia da receita ou da folla de información ao paciente, selada polo farmacéutico.

11.-CONTROIS ESPECIAIS  

Os medicamentos, efectos e accesorios e produtos dietéticos con cupón precinto que, segundo a normativa vixente, precisen visado previo a súa dispensación nas oficinas de farmacia e aqueles produtos desprovistos de cupón precinto que se determinen, só serán dispensados con cargo ó Servizo Galego de Saúde cando a receita sometérase ao requisito de homologación sanitaria.

A homologación sanitaria da receita realizarase segundo o disposto no Decreto 189/2011, do 22 de setembro, de homologación sanitaria dos tratamentos prescritos.

 

A homologación sanitaria formalizarase facéndose constar na receita: a identificación do/a farmacéutico homologador, a súa sinatura e data de homologación. A data de homologación poderá ser anterior, posterior ou igual á data de prescrición. Non se homologarán receitas co prazo de validez esgotado.

 

As receitas en soporte papel caducarán aos dez días naturais contados a partir da data de homologación nos casos de que a data de homologación sexa igual ou posterior á da prescrición e de dez días desde a data de prescrición nos casos que a data de homologación sexa anterior á de prescrición, agás no suposto das receitas de extractos hiposensibilizantes e vacinas bacterianas preparadas individualmente, nos que, polas súas especiais características, terán un prazo de validez de sesenta días.

12.-VALIDEZ DAS RECEITAS

Serán validas para a súa dispensación polas oficinas de farmacia e posterior facturación para os efectos do seu pagamento polo Servizo Galego de Saúde, aquelas receitas oficiais do Sistema Nacional de Saúde que cumpran os requisitos establecidos regulamentariamente neste concerto.

12.1.    Prazo de validez

 

  1. Receitas en formato papel: as receitas terán un prazo de validez de dez días naturais, contados a partir da data de prescrición nelas consignada ou, se é o caso, da data da homologación sanitaria de acordo ao especificado no punto once, agás no suposto das receitas de vacinas antialérxicas -extractos hiposensibilizantes e vacinas bacterianas preparados individualmente, nos que, polas súas especiais características, este prazo amplíase a sesenta días. Excepcionalmente, para os casos de refacturación de receitas expresamente recollidos neste anexo, establécese un prazo adicional de sesenta días, contados desde o día seguinte da devolución realizada polo Servizo Galego de Saúde. Pasado o devandito prazo, non poderán ser facturadas de novo.

  2. Receitas en formato electrónico: as receitas terán un prazo de validez de dez días naturais, contados a partir da data de prescrición, para a primeira dispensación en tratamentos crónicos e no caso de tratamentos agudos que só requiren dun acto de dispensacion. Para tratamentos crónicos as receitas sucesivas poderán ser dispensadas cunha marxe máxima de 10 días anteriores á data de dispensación prevista e ata 20 días despois. Transcorrido este último prazo sen que se produza a dispensación correspondente, o sistema cancelará a dita receita.A data de dispensación non poderá ser posterior á da finalización do tratamento instaurado polo profesional que prescribe, nin tampouco ao prazo de validez da receita, establecido no punto anterior.

No caso de receita electrónica impresa será de aplicación o recollido no apartado a)

 

12.2.   Causas de devolución das receitas

A. NULIDADE TOTAL

O Servizo Galego de Saúde rexeitará para os efectos do seu pagamento, e polo tanto, non aboará aquelas receitas que foron dispensadas ao seu cargo e nas que se produza algunha das circunstancias relacionadas a continuación:

  1. Receitas nas que se acredite documentalmente a súa falsidade.

  2. Receitas dispensadas despois do prazo de validez que lles corresponda, segundo o apartado 12.1 do anexo A deste Concerto.

  3. Receitas con falta de coincidencia entre o produto dispensado e o prescrito, agás en supostos de substitución realizados ao amparo da normativa vixente e do establecido neste concerto, ou naqueles casos en que, téndose producido intercambio dos cupóns- precinto das receitas dunha oficina de farmacia, se observe coincidencia entre prescrición e dispensación.

  4. Receitas sen o correspondente cupón-precinto ou sen xustificante da dispensación.

  5. Receitas nas que se dispensen fórmulas maxistrais que non se axusten ao establecido no correspondente anexo.

  6. Receitas que, precisando a correspondente homologación sanitaria previa á dispensación, non a leven.

  7. Receitas dispensadas fora do horario de apertura autorizado agás casos xustificados

  8. Receitas que teñan sido facturadas ao Servizo Galego de Saúde logo do prazo do mes no que foron dispensadas.Excepcionalmente, poderán ser facturadas como máximo na facturación correspondente ao mes seguinte ao que foron dispensadas, aquelas receitas que non foron facturadas no seu mes por algunha incidencia técnica, xa sexa telefónica, informática, electrónica ou eléctrica, unha vez comprobada pola Comisión Autonómica Central.

  9. Receitas dispensadas a través de oficinas de farmacia que perderan a condición de farmacia homologada, e seguen a dispensar a través do AGF, en lugar da web de continxencia. Quedarán exceptuadas os casos descritos no Anexo E para oficinas de farmacia que se encontren en situación de cambio de titularidade, traslado ou nova apertura.

  10. Receitas duplicadas na facturación dunha oficina de farmacia.

  11. Receitas anuladas no sistema e facturadas.

  12. Receitas que supoñan dispensacións abusivas visibles no acto de dispensación, contrarias aos criterios do Uso Racional do medicamento.

  13. Receitas para as que o Servizo Galego de Saúde non teña emitido a conformidade telemática de dispensación (e-ticket). Quedarán exceptuadas aquelas que non conten coa conformidade pero nas que o erro sexa achacable ao Servizo Galego de Saúde.

  14.  Receitas nas que o tipo de prestación do paciente sexa MUFACE, MUGEJU ou ISFAS.

  15. Receitas en soporte papel con ausencia dalgún datos de consignación obrigatoria relativos a:

    • a) Prescritor: nome ou a súa inicial e/ou apelido ou apelidos, número de identificación, sinatura e data de prescrición. A ausencia ou ilexibilidade dalgúns dos datos de identificación (nome, apelidos ou número de identificación), sempre que estea garantida a identificación do médico, non será causa de nulidade si foron capturados correctamente os datos.
    • b) Prescrición do medicamento ou produto sanitario, agás nos casos previstos no punto 9.6 do presente anexo.
  16. Receitas con engadidos, emendas ou borranchos nos seguintes datos:Receitas de accidente de traballo ou enfermidade profesional, sendo a entidade aseguradora distinta da Seguridade Social (INSS ou ISM), de acordo co indicado no apartado 5 do punto 1 deste anexo. Neste caso devolveranse os orixinais das receitas, comunicando á Organización Farmacéutica Colexial o nome da entidade aseguradora, cando este dato fora coñecido polo Servizo Galego de Saúde.

    • a) Medicamento ou produto sanitario prescrito, agás aqueles que non impidan a súa inequívoca identificación.
    • b) Data de prescrición, agás aqueles que non afecten á correcta prescrición e dispensación da receita dentro dos prazos de validez dela.
  17. Receitas de accidente de traballo ou enfermidade profesional, sendo a entidade aseguradora distinta da Seguridade Social (INSS ou ISM), de acordo co indicado no apartado 5 do punto 1 deste anexo. Neste caso devolveranse os orixinais das receitas, comunicando á Organización Farmacéutica Colexial o nome da entidade aseguradora, cando este dato fora coñecido polo Servizo Galego de Saúde.

  18. Outras causas que acorde motivadamente por maioría a Comisión Autonómica Central. 

 

 B. NULIDADE DA MARXE DE BENEFICIO PROFESIONAL

O Servizo Galego de Saúde descontará os honorarios profesionais do farmacéutico establecidos en cada momento, naquelas receitas que foron dispensadas ao seu cargo e nas que se produza algunha das circunstancias relacionadas a continuación:

 

  1. Receitas con ausencia da sinatura do farmacéutico. Quedan exceptuadas as receitas en soporte papel incorporadas ao sistema de dispensación electrónico e que non foran obxecto de substitución por parte do farmacéutico.

  2. Receitas en soporte papel nas que se constate que a data de dispensación é anterior á data de prescrición.

  3. Receitas en soporte papel con ausencia dalgún dos datos de consignación obrigatoria relativos ao paciente: nome e apelidos, código de identificación persoal (CIP). Se a consignación dos datos do paciente vén realizada a man, a ausencia do código de identificación persoal (CIP), poderá ser cumprimentado polo farmacéutico unha vez verificado este dato co da tarxeta sanitaria individual. A ausencia ou ilexibilidade dalgúns dos datos de identificación (nome, apelidos ou CIP), sempre que estea garantida a identificación do paciente, non será causa de nulidade se os datos gravados coinciden cos consignados na receita.

  4. Receitas en soporte papel con ausencia da dilixencia asinada do farmacéutico nos casos de substitución de acordo coa Ley 29/2006 de garantías e uso racional dos medicamentos e produtos sanitarios e os puntos 2, 4 e 6 deste anexo.

  5. Receitas nas que o CIP do paciente que figura na receita é diferente ao CIP capturado no soporte de facturación.

  6. Receitas facturadas en soporte papel con ausencia de gravación do código de identificación persoal do facultativo prescritor (CNP), salvo ilexibilidade ou imposibilidade de identificación.

  7. Receitas facturadas en soporte papel correspondentes a usuarios doutras Comunidades Autónomas, ou estranxeiros protexidos por un convenio con cobertura da cobertura da prestación farmacéutica con ausencia de gravación do dato administrativo identificativo do usuario.

  8. Receitas facturadas en soporte papel correspondentes a usuarios doutras Comunidades Autónomas, ou estranxeiros protexidos por un convenio con cobertura da cobertura da prestación farmacéutica con ausencia de gravación do código identificativo da Comunidade Autónoma de procedencia ou convenio estranxeiro de cobertura farmacéutica.

  9. Receitas de fórmulas maxistrais e preparados oficinais que carezan dos datos da súa valoración, segundo o establecido no anexo B.

  10. Receitas de fórmulas maxistrais e preparados oficinais que foron dispensadas seguindo o procedemento de elaboración por terceiros e nas que exista ausencia do dato correspondente ao farmacéutico titular da oficina de farmacia elaboradora.

 

C. NULIDADE PARCIAL

 O Servizo Galego de Saúde considerará nulas parciais aquelas receitas que foron dispensadas ao seu cargo e nas que se produza algunha das circunstancias seguintes:

 

  1. Receitas de medicamentos, efectos e accesorios ou produtos dietéticos nas que se dispensou o tamaño maior de envase, cando este non figura na receita ou figura un menor.Nestes casos e sempre que exista dispoñible no mercado na agrupación homoxénea correspondente o envase de menor tamaño, aboarase o importe correspondente ao envase menor. Para os casos nos que na receita non figure o tamaño do envase, dispensarase o envase que se adecúe á posoloxía e duración do tratamento prescrito.

  2. Receitas de fórmulas maxistrais e preparados oficinais nas que a cantidade dispensada exceda da máxima autorizada. Neste caso aboarase o importe da cantidade máxima estipulada neste concerto.

  3. Receitas nas que se dispense máis dun envase, coas excepcións que se sinalan nos apartados 2, 4 e 6 deste anexo. Neste caso, só se aboará o importe dun deles.

  4. Receitas facturadas a prezo superior ao establecido neste concerto. Neste caso as receitas serán aboadas ao prezo legalmente autorizado segundo o recollido no correspondente Nomenclátor Oficial, anexo de fórmulas maxistrais ou nos acordos específicos que se determinen polas partes asinantes deste concerto.

 

D. NULIDADE REFACTURABLE

O Servizo Galego de Saúde, sempre que se comprobase a correcta dispensación das receitas, devolverá ás oficinas de farmacia para os efectos de refacturación aquelas receitas que foron dispensadas ao seu cargo e nas que se produza algunha das circunstancias relacionadas a continuación:

 

  1. Receitas nas que non foi deducida a participación no pago do asegurado ou foi deducida indebidamente.

  2. Receitas con falta de coincidencia entre o importe do produto farmacéutico dispensado co importe facturado.

  3. Receitas dispensadas no mes anterior ao da facturación actual e que non foron facturadas no seu mes por algunha incidencia técnica, xa sexa telefónica, informática, electrónica ou eléctrica, unha vez comprobada pola Comisión Autonómica Central. 

 

TABOA RESUMO DE CAUSA DE DEVOLUCIÓN DAS RECEITAS 

A.- Causas de nulidade total

CLAVES DESCRICION
T-1 Receitas nas que se acredite documentalmente a súa falsidade.
T-2 Receitas dispensadas despois do seu prazo de validez, coas excepcións sinaladas no punto 12.1.
T-3 Receitas con falta de coincidencia entre o produto dispensado e prescrito. 
T-4 Receitas sen cupón precinto ou xustificante da dispensación ou método asimilado.
T-5 Receitas nas que se dispensen fórmulas maxistrais que non se axustan ao establecido no correspondente anexo.
T-6 Receitas que precisando homologación sanitaria non a leven. 
T-7 Receitas dispensadas fora do horario de apertura autorizado. 
T-8 Receitas que teñan sido facturadas ao Servizo Galego de Saúde logo do prazo do mes no que foron dispensadas.
T-9 Receitas dispensadas a través de oficinas de farmacia que perderan a condición de farmacia homologada, e seguen a dispensar a través do AGF. 
T-10 Receitas duplicadas na facturación. 
T-11 Receitas anuladas no distema e facturadas. 
T-12 Receitas que supoñan dispensacións abusivas e visibles no acto de dispensación, contrarias aos criterios do Uso Racional do medicamento.
T-13 Receitas para as que o Servizo Galego de Saúde non teña emitido a conformidade telemática de dispensación (e-ticket).
T-14  Receitas nas que o paciente pertenza ás Mutualidades, MUFACE, MUGEJU o ISFAS. 
T-15a Receitas con ausencia dalgún dos datos de consignación obrigatoria do prescritor de acordo co punto 12.2.A.15a. 
T-15b Receitas con ausencia dalgún dos datos de consignación obrigatoria relativos á prescrición de acordo co punto 12.2.A.15b. 
T-16a  Receitas con engadidos, enmendas ou borranchos no medicamento prescrito de acordo co punto 12.2.A.16a. 
T-16b  Receitas con engadidos, enmendas ou borranchos na data de precrición de acordo co punto 12.2.A.16b. 
T-17  Receitas de accidentes de traballo ou enfermidade profesional, non sendo o INSS ou o ISM e entidade aseguradora.
T-18  Outras causas a xuízo da Comisión Autonómica Central. 

 

B.- Causas de nulidade da marxe de beneficio profesional.

 

CLAVES DESCRICION
M-1 Receitas con ausencia da sinatura do farmacéutico.
M-2 Receitas nas que conste a data de dispensación anterior á data de prescrición.
M-3 Receitas con ausencia dalgún dos datos de consignación obrigatoria do paciente de acordo co punto 12.2.B.3. 
M-4 Receitas con ausencia da dilixencia asinada do farmacéutico nos casos de substitución de acordo co punto 12.2.B.4.
M-5 Receitas nas que foi gravado un CIP diferente ao que figura na receita.
M-6 Receitas facturadas con ausencia de gravación do código de identificación persoal do facultativo precritor (CNP), salvo ilexibilidade ou imposibilidade de identificación.
M-7 Receitas facturadas doutras Comunidades Autónomas, ou estranxeiros con ausencia de gravación do dato administrativo de identificativo do usuario. 
M-8 Receitas facturadas doutras Comunidades Autónomas, ou estranxeiros con ausencia de gravación do código identificativo da Comunidade Autónoma de procedencia ou convenio estranxeiro de cobertura farmacéutica. 
M-9 Receitas de fórmulas maxistrais e preparados oficinais que carezan dos datos da súa valoración.
M-10 Receitas de fórmulas maxistrais e preparados oficinais con ausencia do dato correspondente ao farmacéutico titular da oficina de farmacia elaboradora.

 

C.- Causas de nulidade parcial.

 

CLAVES DESCRICION
P-1 Receitas nas que se dispensou un tamaño de envase maior ao prescrito. 
P-2 Receitas de fórmulas maxistrais e preparados oficinais nas que a cantidade dispensada exceda da máxima autorizada.
P-3 Receitas nas que se dispense máis dun envase, de acordo co punto 12.2.C.3. 
P-4 Receitas facturadas a prezo superior ao establecido neste Concerto.

 

D.- Causas de nulidade refacturable.

 

CLAVES DESCRICION
R-1 Receitas nas que non foi deducida a participación no pago do asegurado ou foi deducida indebidamente. 
R-2 Receitas con falta de coincidencia entre o importe do produto farmacéutico dispensado co importe facturado.
R-3 Receitas non facturadas no mes de dispensación e facturadas ao mes seguinte por algunha incidencia técnica.

 

ANEXO I.- FOLLA DE RECOLLIDA DE CUPON PRECINTO

Hoja cupon precinto