Colegio Oficial de Farmaceuticos de Ourense
asgafa
sergas
portalfarma
logoama
bannerCF 300x90
Bolsa Farmamundi 40g

Concierto

 

A facturación de receitas con cargo ao Servizo Galego de Saúde realizarase segundo o procedemento indicado neste anexo e efectuarase a través do seu tratamento informático.

O custo da facturación de receitas, tal como se vén realizando á entrada en vigor deste concerto, será asumido integramente polos Colexios Oficiais de Farmacéuticos.

 

1.-NORMAS PREVIAS Á FACTURACIÓN

1.1Receita en soporte papel

As oficinas de farmacia colocarán no lugar reservado para tal fin o cupón ou cupóns- precinto cando se trate de medicamentos, efectos e accesorios ou produtos dietéticos provistos del. Nos demais casos colocarase no devandito lugar unha etiqueta autoadhesiva ou un selo (modelo anexo I) para distinguir os seguintes casos: 

 

Código  Descrición do produto farmacéutico
500017  Fórmulas maxistrais e preparados oficinais
500009  Vacinas individualizadas antialérxicas
500010  Vacinas individualizadas bacterianas

 

Tanto o cupón-precinto como a etiqueta autoadhesiva ou selo colocaranse de forma que se permita a súa lexibilidade e se impida o seu desprendemento na manipulación normal. Na etiqueta autoadhesiva ou selo consignarase obrigatoriamente e de forma lexible o prezo de venda ao público do produto dispensado.

 

1.2 Receita electrónica:

 

No acto de dispensación será obrigatorio a lectura electrónica do código do medicamento dispensado e a recollida do cupón precinto de acordo ao especificado no anexo A.

 

2.-APLICACION DO INDICE CORRECTOR DOS MARXES DAS OFICINAS DE FARMACIA

A Consellería de Sanidade anualmente determinará, á vista da documentación achegada polos colexios oficiais de farmacéuticos, as oficinas de farmacia subsidiarias de aplicación do “índice corrector dos marxes das oficinas de farmacia”, segundo os requisitos esixidos no vixente Real Decreto 823/2008, de 16 de mayo, por el que se establecen los márgenes, deducciones y descuentos correspondientes a la distribución y dispensación de medicamentos de uso humano e demáis normativas que o desenvolvan ou o modifiquen.

 

3.-PROCEDEMENTO DE FACTURACIÓN

 

O proceso de facturación será único e uniforme para todas ás provincias. Realizarase polos Colexios Oficiais de Farmacéuticos provinciais, ben por medios propios ou concertados.

 

3.1 Toma de datos, transmisión e procedemento

Os datos a gravar a partir das receitas e que son considerados necesarios para o proceso de facturación e un correcto control da prestación farmacéutica, son os especificados no punto 1.5 do anexo A

Se houbera modificación do xeito de consignación dalgún dos datos da receita, o Servizo Galego de Saúde e os Colexios Oficiais de Farmacéuticos estudarán a posibilidade de gravar outro tipo de datos que se consideren necesarios.

Unha vez consignados todos os datos e finalizada a dispensación a oficina de farmacia enviará a confirmación da dispensación ao nodo colexial e a plataforma de dispensación do Servizo Galego de Saúde. A remisión desta información se deberá realizar excluíndo explicitamente a identificación do usuario e do profesional prescritor tal como se recolle no Real Decreto 1718/2010, de 17 de diciembre, sobre receta médica y órdenes de dispensación.

Para aquelas receitas en soporte papel que no momento da dispensación non puideran ser introducidas no sistema de electrónico, as oficinas de farmacia xerarán e remitirán ao colexio correspondente un ficheiro coa captación dos datos tal como se detalla no punto 1.5.2 do Anexo A.

O custo da facturación de receitas ao Servizo Galego de Saúde cargarase mensualmente nas liquidacións ás oficinas de farmacia por parte dos Colexios Oficiais de Farmacéuticos de cada provincia onde estea situada a devandita farmacia.

3.2 Confección do soporte informático de facturación

Os ficheiros de receitas médicas contidos no soporte informático de facturación remitidos polos Colexios Oficiais de Farmacéuticos ao Servizo Galego de Saúde disporán da seguinte estructura:

 

Posición  Descrición do campo nº de caracteres tipo
1 Provincia 2 Numérico
2 Mes de facturación 2 Numérico
3 Ano 2 Numérico
4 Número de farmacia 4 Numérico
5 Réxime de aportación(1) 1 Numérico
6 Código produto farmacéutico(2) 6 Numérico
7 Prezo de facturación(3) 8 Numérico
8 Envases 2 Numérico
9 Número de receta 12 Alfanumérico
10 Identificación do paciente(4) 14 Alfanumérico
11 Tipo de receta(5) 1 Numérico
12 Colexiado(6) 8 Numérico
13 Código de aportación(7) 7 Alfanumérico
14 Cuantía aportación usuario(8) 8 Numérico

(1)  Activo/Pensionista, Accidente de Traballo, Campaña sanitaria, homologación sanitaria

(2) No caso das receitas electrónica poderían existir produtos con código alfanumèrico correspondentes a fórmulas maxistrais que deberán ser transformados polo código xenérico 500017.

(3) A estrutura do prezo de facturación contará con 8 díxitos, incluidos o punto do decimal e 2 decimais: 00000.00

(4) Nas receitas electrónicas e nas receitas en soporte papel incorporadas ao sistema de dispensación electrónica deberá consignarse un número identificativo de paciente “virtual” constituido por catorce ceros: “00000000000000”.

(5) O tipo de receita terá a seguinte codificación:

1.Receita soporte papel dispensada manualmente

2.Receita soporte papel dispensada electronicamente

3.Receita electrónica dispensada electronicamente

4.Receita electrónica impresa dispensada electrónicamente

(6) As receitas electrónicas e as receitas en soporte papel incorporadas ao sistema de dispensación electrónica, cando este dato sexa gravado pola oficina de farmacia, serán asignadas a un CNP “virtual” constituido por oito ceros: “00000000”. No caso de que, nas receitas en soporte papel, este dato sexa incorporado polo Colexio Oficial de Farmacéuticos deberá ser incluído na información contida nos soportes informáticos de facturación.

(7) Código do tramo de aportación correspondente ao usuario de acordo aos tramos TSI vixentes en cada momento. A estrutura deste campo conterá as siglas TSI seguidas de 3 díxitos (cun espazo intermedio).

(8) Cuantía da aportación realizada polo usuario durante a dispensación. A estrutura deste campo contará con 8 díxitos, incluídos o punto do decimal e 2 decimais: 00000.00

 

3.2.1 Ficheiros de receitas médicas

Os datos de facturación de receitas médicas gravaranse nos seguinte arquivos diferenciados:

-    Arquivo xeneral coa información correspondente á gravación dos datos das receitas dos medicamentos e produtos sanitarios.

Este arquivo terá a seguinte denominación: “GEN_provincia_mes_ano”

-     Arquivo coa información correspondente á gravación dos datos das receitas de absorbentes de incontinencia de ouriños, tiras reactivas de control de glicemia e produtos dietéticos.

Este arquivo terá a seguinte denominación: “AIU-TCG-PD_provincia_mes_ano”

-   Arquivo coa información correspondente á gravación dos datos das receitas de “estatinas” sometidas á aportación reducida para os pacientes con hipercolesterolemia familiar heterocigota segundo o recollido no Real decreto 1348/2003, de 31 de octubre, por el que se adapta la clasificación anatómica de medicamentos a la clasificación ATC.

Este arquivo terá a seguinte denominación: “HFH_provincia_mes_ano”

3.2.2 Ficheiros complementarios:

A información da escala de deducións aplicadas á facturación mensual de cada oficina de farmacia de acordo ao recollido no Real Decreto 823/2008, de 16 de mayo, por el que se establecen los márgenes, deducciones y descuentos correspondientes a la distribución y dispensación de medicamentos de uso humano, presentarase nun arquivo diferenciado coa estrutura que figura no modelo de informe do anexo V Este arquivo terá a seguinte denominación: “RD823_provincia_mes_ano”.

 

3.3 Confección das facturas

Coa información obtida das receitas, ademais de gravala en soporte informático, que se utilizará como instrumento de control do proceso, confeccionaranse mensualmente as facturas que servirán como documento para a formalización do pago.

3.4 Período de facturación 

A facturación realizarase por meses naturais e cada Colexio Oficial de Farmacéuticos pechará a súa facturación o último día do mes, para todos os continxentes da facturación.

3.5 Clases de facturas

Confeccionaranse catro clases de facturas:

     Factura individual por farmacia (anexo II).

     Factura resumo provincial (anexo III).

    Factura resumo xeral (anexo IV).

     Factura resumo xeral por xerencia de xestión integrada (anexo IV-bis).

Os anexos IV e IV-bis adaptaránse aos tipos de achega correspondentes aos TSI, tan pronto como o Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad así o habilite. 

3.5.1.    Factura individual por farmacia

Os Colexios Oficiais de Farmacéuticos poderán presentar as facturas individuais en soporte informático, previo acordo con cada unha das Unidades de Control da Prestación Farmacéutica ou unidade asimilada do Servizo Galego de Saúde na provincia correspondente, segundo o formato que figura adxunto (anexo II).

3.5.2.   Factura resumo provincial

Os Colexios Oficiais de Farmacéuticos recollerán os totais das facturas individuais para cada clase de dispensación nunha factura resumo provincial, segundo o formato que figura adxunto (anexo III), e confeccionarán unha factura resumo por cada clase de dispensación e por cada grupo.

3.5.3.    Factura resumo por Xerencia de Xestión Integrada

Cos totais das facturas correspondentes ás oficinas de farmacia de cada xerencia de xestión integrada (de conformidade coa distribución xeográfica que propoña o Servizo Galego de Saúde) confeccionarase a factura resumo por xerencia de xestión integrada (anexo IV bis). O importe da suma das facturas resumo por xerencia dunha provincia deberá coincidir co importe da factura resumo total provincial. No caso de que a desagregación xeográfica dunha xerencia de xestión integrada coincida coa provincia, poderá utilizarse, a todos os efectos previstos, as facturas resumo total provincial (anexo IV) prevista no apartado 3.5.4.

3.5.4.   Factura resumo total provincial

Cos totais das facturas individuais, confeccionarase a factura total provincial (anexo IV).

O Servizo Galego de Saúde poderá solicitar cambios nos formatos das facturas así como da información contida nas mesmas en función das necesidades de información requiridas polo Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad.

4.-PRESENTACIÓN DA FACTURACIÓN

4.1 Presentación das receitas

Os Colexios Oficiais de Farmacéuticos presentarán as receitas amparadas polas correspondentes facturas individuais de cada oficina de farmacia 'anexo II’, antes do día 25 do mes seguinte ao que corresponda a facturación, se ben se comprometen formalmente a adiantar a entrega das mesmas cando técnicamente sexa posible. Así mesmo, e de xeito separado, presentarán as follas de recollida de cupón precinto segundo o recollido no punto 7.2 do anexo A 'modelo anexo VI’.

A presentación das receitas e follas de recollida de cupón precinto efectuarase nos locais que designe o Servizo Galego de Saúde e que radicarán na mesma cidade ou ben concello limítrofe que as Unidades de Control da Prestación Farmacéutica ou unidades asimiladas onde, en presenza da representación do Colexio, se levantará a correspondente acta de recepción 'anexo X’.

As caixas rotuladas en cor negra e con carácteres de gran tamaño perfectamente lexibles conterán a seguinte información:

 

                                                               RECEITAS

Provincia................................................                                         Mes de Facturación.................

Nº de Farmacia.......................................                                         Nº de caixa............................

 

 

                                            FOLLAS RECOLLIDA CUPÓNS PRECINTO

Provincia................................................                                         Mes de Facturación.................

Nº de Farmacia.......................................                                         Nº de caixa............................

 

Na derradeira caixa de cada oficina de farmacia xunto ao n° de orde que lle corresponda consignarase a indicación “FINAL” .

Mediante os adecuados procedementos de precintado e embalaxe, os Colexios Oficiais de Farmacéuticos garantirán a plena coincidencia entre o contido das caixas e a información reflectida nas etiquetas.

4.2 Presentación das facturas

As facturas resumo (anexos III, IV e IV bis), presentaranse nas Unidades de Control da Prestación Farmacéutica ou unidades asimiladas do Servizo Galego de Saúde na provincia, dentro dos dez primeiros días do mes seguinte a aquel ao que se refiren. Se o día dez non fora hábil, entenderase como día de entrega o seguinte día hábil.

Así mesmo, a factura resumo por Xerencia de Xestión Integrada (anexo IV bis) presentarase, no mesmo prazo indicado no parágrafo anterior, nas xerencias de xestión integrada do Servizo Galego de Saúde.

O mesmo día da presentación da factura, remitirán copia do anexo IV e IV bis á Subdirección Xeral de Farmacia do Servizo Galego de Saúde vía Fax ou por medios telemáticas.

4.3  Presentación dos soportes informáticos

Antes do día 20 do mes seguinte a aquel ao que corresponde a facturación, os Colexios Oficiais de Farmacéuticos entregarán os soportes informáticos de facturación correspondentes, nas dependencias designadas polo Servizo Galego de Saúde, se ben os Colexios Oficiais de Farmacéuticos tratarán de adiantar este prazo para facer coincidir a entrega de soportes e facturas.

O Servizo Galego de Saúde poderá habilitar canles telemáticas para a remisión dos soportes informáticos de facturación.

Devolución dos soportes informáticos

Unha vez analizada a información contida nos soportes informáticos, devolveranse os que presenten deficiencias técnicas ou erros de dixitación que impidan o seu tratamento informático e os que presenten diferenzas co total da factura resumo mensual. Estas deficiencias deberán ser subsanadas no menor prazo posible de tempo polos Colexios Oficiais de Farmacéuticos, nun prazo de tempo nunca superior a cinco días dende a data da comunicación da incidencia, procedendo a un novo envío do soporte informático de facturación corrixido.

5.-REVISIÓN DA FACTURACIÓN

5.1 Revisión dos soportes informáticos

O importe das dispensacións de produtos non incluídos no Nomenclátor Oficial ou facturados a distinto prezo ao que figura no devandito Nomenclátor, unha vez realizadas as comprobacións informáticas pertinentes, deducirase nunha das facturacións seguintes, xuntando en todo caso un ficheiro coa listaxe de rexeites das oficinas de farmacia incursas nestes.

5.2 Revisión de receitas

O Servizo Galego de Saúde comprobará a facturación presentada polos respectivos Colexios Oficiais de Farmacéuticos. As diferenzas polas causas de nulidade previstas neste concerto que poidan xurdir como resultado desta comprobación, determinaranse a nivel de oficina de farmacia e comunicaránselle ao respectivo Colexio dentro dos tres meses seguintes ao da ultimación da entrega de receitas e facturas individuais (anexo II).

Os Colexios disporán do mesmo período para por en coñecemento das correspondentes Unidades de Control da Prestación Farmacéutica ou unidades asimiladas do Servizo Galego de Saúde na provincia, os posibles erros detectados na facturación.

 

       Tipos de nulidade e deducións aplicadas:

Para efectos da súa devolución, diferenciaranse as receitas segundo os seguintes tipos

de nulidade nas que estiveran incursas:

a.Nulidade total (T): nas receitas incursas neste tipo de devolución, o Servizo Galego de Saúde rexeitará para os efectos do seu pagamento, e polo tanto, non aboará ditas receitas.

b.Nulidade da marxe de beneficio profesional (M): nas receitas incursas neste tipo de devolución, tanto de medicamentos como de efectos e accesorios e produtos dietéticos, o Servizo Galego de Saúde descontará ao PVP facturado segundo o Nomenclátor Oficial, a marxe de beneficio profesional legalmente establecido para as dispensacións ao público de medicamentos de uso humano.

Nas receitas de fórmulas maxistrais descontarase a parte correspondente aos honorarios profesionais facturados pola oficina de farmacia e aboados polo Servizo Galego de Saúde.

c.Nulidade parcial (P): procederase do mesmo xeito que para as receitas incursas en nulidade absoluta, aboando o importe que segundo o caso corresponda.

d.Nulidade refacturable (R) o Servizo de Saúde, sempre que se comprobase a correcta dispensación das receitas, devolverá aos Colexios Oficiais de Farmacéuticos para os efectos de refacturación aquelas receitas que foron dispensadas ao seu cargo.

Unha vez corrixidas as deficiencias que ocasionaron a súa devolución e dentro do prazo establecido no anexo A, serán remitidas ao Servizo Galego de Saúde con nota do cargo que, unha vez feitas as comprobacións oportunas, procederá ao seu aboamento na seguinte factura.

       Erros de facturación

Os erros de facturación que afecten ao importe da facturación serán corrixidos mediante notas de cargo ou abono, segundo proceda, unha vez efectuadas as oportunas comprobacións e acreditando documentalmente o erro.

 

5.2.1.    Procedemento de Devolución

-   A partir do soporte informático de facturación mensual remitido polos Colexios Oficiais de Farmacéuticos, o Servizo Galego de Saúde elaborará un ficheiro creado ao efecto que conterá todas as receitas electrónicas e as receitas en soporte papel incorporadas ao sistema de dispensación electrónica, dispensadas e facturadas e que se consideren supuestamente incursas en causa de devolución, de acordo aos motivos de nulidade tipificados no apartado 12.2. do anexo A.

-   A información contida no ficheiro anterior estará a disposición das Unidades de Control da Prestación Farmacéutica ou unidades asimiladas do Servizo Galego de Saúde na provincia que procederá a súa revisión e depuración, retirando aquelas receitas que se consideren correctamente dispensadas e facturadas.

Así mesmo, poderán ser incorporadas no dito ficheiro outras receitas consideradas incursas en causa de nulidade resultado dos procesos de revisión desenvolvidos polas Unidades de Control da Prestación Farmacéutica ou unidades asimiladas do Servizo Galego de Saúde na provincia.

-   A información agregada deste ficheiro co detalle das receitas incursas en causa de nulidade será obxecto de estudo nas Comisións Provinciais de Farmacia. De xeito previo á reunión da Comisión Provincial, as Unidades de Control da Prestación Farmacéutica ou unidades asimiladas do Servizo Galego de Saúde na provincia remitirán o citado ficheiro ao respectivo Colexio Oficial de Farmacéuticos para a súa análise.

5.2.2.    Tramitación das Diferenzas Detectadas

Valoradas as diferenzas detectadas pola Comisión Provincial, poderanse dar as seguintes situacións:

Que exista acordo respecto á devolución de ditas receitas. Neste caso, procederase a deducir o importe correspondente segundo o tipo de nulidade.

Que exista acordo respecto a non devolución das receitas. Neste caso, procederase ao arquivo das mesmas.

Que persista a discrepancia. Neste caso, as Comisións Provinciais elevarán estas discrepancias á Comisión Autonómica Central.

A Comisión Autonómica Central valoraraas e determinará, mediante acordo, a súa validez ou nulidade notificando a decisión adoptada á Comisión Provincial correspondente.

Tras a valoración e acordo das Comisións Provinciais, ou Autonómica Central de ser o caso, darase traslado do acordado das mesmas á Subdirección Xeral de Farmacia e as Xerencias de Xestión Integrada do SERGAS que en cada caso corresponda, indicando os importes económicos das diferenzas que resulten das receitas incursas nalgunha das causas de nulidade previstas neste concerto ou resulten de erros de facturación detectados por calquera das partes así como o mes ou meses nos que ditas receitas foron facturadas. Os importes destas diferenzas serán aboados ou deducidos na primeira facturación que lle sexa presentada polo Colexio Oficial de Farmacéuticos, podendo aprazarse á segunda facturación cando a tramitación administrativa da documentación puidera provocar atrasos nos prazos establecidos para o pagamento da factura mensual. Os Colexios Oficiais de Farmacéuticos tramitarán ditas devolucións ás oficinas de farmacia na forma e polos procedementos que teñan establecidos.

As Unidades de Control da Prestación Farmacéutica ou unidades asimiladas do Servizo Galego de Saúde na provincia prepararán a documentación necesaria para formalizar a devolución das receitas nas que se alcanzou acordo de devolución a través dos Colexios provinciais. A documentación remitida en soporte informático incluirá a información referente á xerencia de xestión integrada correspondente, oficina de farmacia afectada, mes ao que se refire a facturación, código identificativo da receita, código nacional ou similar e descrición do medicamento ou produto facturado, motivo de nulidade, prezo e aportación facturada, prezo e aportación comprobada e importe de devolución que deberá descontar da facturación.

En caso de que a devolución das receitas sexa por ausencia de cupón precinto ou xustificante da dispensación nas follas de recollida de cupón precinto, os datos correspondentes ao código identificativo da receita non serán incluídos na devandita información.

Así mesmo, no caso das receitas en soporte papel xuntarase coa citada documentación fotocopia de anverso e reverso selada das receitas incursas en causa de devolución.

  

5.2.3.    Alegación e Recursos

 

Os Colexios Oficiais de farmacéuticos, en representación das Comisións Provincias e Comisión Autonómica Central das que son membros, e polos procedementos que teñan establecidos, notificarán aos titulares das oficinas de farmacia os importes descontados como consecuencia da revisión das receitas facturadas así como a información sobre as receitas devoltas, informándolles que poderán formular a través do seu respectivo Colexio Oficial de Farmacéutico, as alegacións que consideren oportunas dirixíndoas á Comisión que teña resolto a proposta de devolución nun prazo máximo de vinte días contados desde o día seguinte da recepción da comunicación por parte do colexiado afectado.

As alegacións serán analizadas nas respectivas Comisións que acordarán a súa estimación ou desestimación. As preceptivas resolucións serán comunicadas aos titulares das oficinas de farmacia afectados polo seu Colexio Oficial de Farmacéuticos. No caso de resolucións favorables, os importes indebidamente descontados serán aboados nunha das dúas seguintes facturacións mensuais que presentes os Colexios, sempre que dito importe teña sido descontado de acordo co indicado neste anexo.

Contra as resolucións destas Comisións caberá recurso administrativo de alzada de conformidade co establecidos na Lei 30/1992 de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, ante a Conselleira de Sanidade e presidenta do Servizo Galego de Saúde.

En todos os casos, as receitas devoltas ou as que sexan obxecto de litixio ou discrepancia entre as partes, serán arquivadas no Servizo Galego de Saúde por un período mínimo de dous anos contados a partir da data na que se materializa a dedución ou aboamento.

 5.2.4.    Outras medidas de seguimento da facturación

Ante as posibles irregularidades detectadas na dispensación da receita electrónica que tras a análise das circunstancias que as motivan teñan unha especial gravidade, o Servizo Galego de Saúde poderá adoitar as medidas especiais que considere, unha vez oída a Comisión para o seguimento do concerto.

 

6.-CONTROL DE CALIDADE DA FACTURACIÓN

Os Colexios Oficiais de Farmacéuticos comprométense a velar pola calidade do procedemento de facturación establecido no presente anexo, asumindo, entre outros que desenvolvan a propia iniciativa, a realización sistemática dun control de calidade por mostraxe ao chou, comprobando sobre a mostra, que todos os datos aos que se fai referencia no punto 1.5 do anexo A foran correctamente gravados, informando ao Servizo Galego de Saúde dos resultados obtidos para cada período de facturación

 

ANEXOS 

ANEXO I.-MODELO DE ETIQUETA AUTOADHESIVA OU SELO

ANEXO 1 ETIQUETAS

 

 

  ANEXO II.

Copia Anexo II

 

 ANEXO III.

 

Copia Anexo III

 

ANEXO IV. FACTURA RESUMO TOTAL

COPIA Anexo IV-Folla 0

 

 

Anexo IV-Folla 1 copia

 

ANEXO IV bis. FACTURA RESUMO TOTAL POR XERENCIA DE XESTIÓN INTEGRADA

 

COPIA Anexo IV-Folla 0

 

 

 

Anexo IV-Folla 1 copia

 

ANEXO V. PRESENTACION DA INFORMACIÓN DO REAL DECRETO 823/2008

 

ANEXO V

 

ANEXO VI. REXISTRO DE RECOLLIDA CUPÓNS PRECINTO

ANEXO VI

 

ANEXO VII

Anexo VII

 

ANEXO VIII

Anexo VIII

 

ANEXO IX

ANEXO IX

ANEXO X. ACTA DE RECEPCIÓN DE RECEITAS

Anexo X