Colegio Oficial de Farmaceuticos de Ourense
asgafa
sergas
portalfarma
logoama
bannerCF 300x90
Bolsa Farmamundi 40g

Concierto - Anexo D. Procedemento de pagamento

 

PRIMEIRO

As facturas resumo mensuais (anexos III, IV e IV bis do anexo C de facturación), presentaranse nas Unidades de Control da Prestación Farmacéutica ou unidade asimilada do Servizo Galego de Saúde na provincia, dentro dos dez primeiros días do mes seguinte a aquel ao que se refiren ou no día seguinte hábil no caso de que o día dez sexa sábado ou festivo. Só en casos excepcionais e plenamente xustificados, se admitirán atrasos na súa presentación, que loxicamente transcenderán en igual medida no seu pagamento, xa que doutro xeito estas facturas serían incluidas no proceso do mes seguinte.

Así mesmo, no mesmo prazo que se indica nos parágrafos anteriores presentaranse as facturas resumo en cada Xerencia de Xestión Integrada do Servizo Galego de Saúde (anexo IV bis).

Os Colexios Oficiais de Farmacéuticos o mesmo día da presentación da factura resumo mensual nas Unidades de Control da Prestación Farmacéutica ou unidade asimilada do Servizo Galego de Saúde, remitirán copia do anexo IV e IV bis de dita factura á Subdirección Xeral de Farmacia do Servizo Galego de Saúde por Fax ou por medios telemáticas.

 

SEGUNDO

A entidade pagadora, entre o 15 e o 20 de cada mes, cursará ordes de transferencia para o aboamento a cada Colexio provincial da súa correspondente factura, na conta que sinalaron estes, sempre que se recibiran en tempo e forma e resulten validados os correspondentes documentos orzamentarios, comunicando a data de devandita orde aos Colexios Oficiais de Farmacéuticos.

Excepcionalmente se motivos xustificados non permitiran o abono na data prevista da facturación correspondente a finais dun exercicio, poderían modificarse as datas previstas no parágrafo anterior.

No caso anterior, o Servizo Galego de Saúde poderá subvencionar as obrigas económicas derivadas dos custos financeiros no que puideran incorrer os Colexios Oficiais de Farmacéuticos como consecuencia da asunción do abono do importe aprazado ás diferentes oficinas de farmacia. Por iso deberán concretarse, mediante acordo, as condicións financeiras de tipo máximo aplicable e prazo que sexan de aplicación, así como a documentación xustificativa que deberá ser presentada. O prazo máximo de retraso no pago será de dous meses a contar desde a data en que debía aboarse o importe de cada facturación.

En calquera caso, os Colexios Oficiais de Farmacéuticos manterán a intermediación na xestión do pago ás diferentes oficinas de farmacia nas condicións recollidas no presente convenio.

Coa excepción das subvencións dos custos financeiros que poderán ser subvencionados de acordo co recollido neste apartado, non procederá a reclamación de intereses de demora, nin de forma agrupada nin individualizada por oficinas de farmacia, polas obrigas establecidas no presente convenio.

 

TERCEIRO

O pagamento da factura resumo entenderase realizado á conta da prestación farmacéutica correspondente ao mes anterior, quedando polo tanto, condicionado á comprobación que posteriormente se faga no Servizo Galego de Saúde das receitas e do tratamento e comprobacións da información dos soportes informáticos de facturación que constitúen os xustificantes de pagamento xunto cos cupóns precinto, na forma e condicións dispostas no anexo C de facturación.

Os soportes informáticos teñen a consideración de elemento técnico equivalente á factura e é imprescindible para a comprobación dela nos termos establecidos no apartado 4.3 do anexo C.

O pagamento das facturas queda, por tanto, condicionado ás regularizacións froito da comprobación que posteriormente se faga das receitas polo Servizo Galego de Saúde e dos soportes informáticos de facturación que constitúen os xustificantes de pagamento.

 

CUARTO

 

1. Cando se reciban os soportes informáticos dos Colexios Oficiáis de Farmacéuticos no centro de informática sen defectos nin diferenzas pero con retraso, é dicir, despois do día 15, poderán sufrir demora no pagamento da seguinte factura resumo mensual, de acordo cos seguintes criterios:Cando se reciban os soportes informáticos dos Colexios Oficiais de Farmacéuticos no centro de informática incorrectos, é dicir, con defectos ou diferenzas, e os reenvíen correctamente rectificadas despois da data límite marcada, procederase do seguinte xeito:

a. Se a demora é inferior a 15 días naturais, cobrarán a súa factura o último día do mes en que lles correspondía percibila

b. Se a demora fose superior ao prazo de 15 días o seu pagamento efectuarase o día 20 do mes seguinte.

2. Cando se reciban os soportes informáticos dos Colexios Oficiais de Farmacéuticos no centro de informática incorrectos, é dicir, con defectos ou diferenzas, e os reenvíen correctamente rectificadas despois da data límite marcada, procederase do seguinte xeito:

O Servizo Galego de Saúde poderá atrasar o aboamento da seguinte factura que teñen que presentar os Colexios Oficiais de Farmacéuticos, afectando este atraso ao tipo de dispensación que orixinou as correccións do soporte informático que foi presentada fóra de prazo, de acordo cos seguintes criterios:

a. Se o soporte informático se presentase dentro dos quince días seguintes ao da data límite para a súa corrección, a parte subsanada aboarase dez días despois da data de aboamento normal das facturas.

b. No caso de que o soporte informático se presentara transcorridos os quince días seguintes ao da data tope para a súa corrección, o pagamento poderá facerse ata 30 días naturais despois da data de aboamento normal das facturas mensuais.