Colegio Oficial de Farmaceuticos de Ourense
asgafa
sergas
portalfarma
logoama
bannerCF 300x90
Bolsa Farmamundi 40g

Estatutos - TITULO X

O RÉXIME XURÍDICO DOS ACTOS DO COLEXIO E A MODIFICACIÓN DOS ESTATUTOS

Artigo 66°.-O dereito aplicable aos actos e acordos do colexio.

1.Os actos e acordos dos órganos do Colexio Ofi­cial de Farmacéuticos da Provincia de Ourense esta­rán sometidos ao dereito administrativo.

2.As cuestións de carácter civil ou penal e aquelas que se refiran ás relacións co persoal dependen­te do colexio, atribuiranse respectivamente á xurisdición civil, penal ou laboral.

3.Contra as resolucións dos órganos de goberno e actos de trámite que determinen a imposibilidade de continuar o procedemento ou produzan indefensión poderá o interesado, no prazo dun mes, interpoñer recurso de alzada ante o Consello Xeral de Colexios Oficiais de Farmacéuticos, ou Consello Autonómico, no caso da súa creación. Se o recurso fose presentado no colexio, este, dentro dos dez días seguintes, remitirallo en unión do expediente instruído e do informe ao Consello Xeral de Colexios de Farmacéuticos, ou Consello Autonómico, no caso da súa crea­ción. Sen prexuízo diso caberá interpoñer recurso de alzada ante a Consellería de Sanidade nas materias en que esa consellería sexa competente.

Artigo 67°.-A modificación dos estatutos.

Por proposta da Xunta de Goberno ou dunha cuar­ta parte dos colexiados, poderá procederse á modifi­cación destes estatutos, o que exixirá acordo da asemblea xeral. En todo caso para proceder á modi­ficación, terán que cumprirse os seguintes trámites:

1.Información pública a todos os colexiados das modificacións propostas, cunha antelación mínima de dous meses, dando un mes para presentar alegacións.

2.Acordo da asemblea xeral convocada para estudar as modificacións que fosen propostas. Para a aprobación requirirase o voto favorable de dous terzos dos asistentes.

Adjuntos:
Descargar este adjunto (estatucof.pdf)Estatutos