Colegio Oficial de Farmaceuticos de Ourense
asgafa
sergas
portalfarma
logoama
bannerCF 300x90
Bolsa Farmamundi 40g

Estatutos - TITULO III

A INCORPORACIÓN AO COLEXIO

Artigo 7°.-A colexiación.

1. A colexiacion perfecciónase e lexitima para o exercicio da actividade profesional cando, ademais de ser admitido o solicilante, se practique a inscrición no rexistro do colexio.

2. Con caracter xeral, para as persoas fisicas sera requisito indispensable para o exercicio da profesión farmacéutica na provincia de Ourense, en calquera das suas modalidades, estar en posesion do título universitario de licenciado en farmacia, así como a plena incorporación a un colexio oficial de farmacéuticos do territorio nacional. Para o caso das sociedades profesionais observarase o disposto na súa lexislación sectorial, sen prexuizo do establecido nestes estatutos.

3. A colexiación dunha sociedade profesional non exime da obrigatoria colexación das persoas fisicas, polo que tamén deberán ter a sua propia colexiación os socios profesionais que formen parte dela, asi como os profesionais non socios que actuen pola sociedade.

4. Para os efectos de exixirse a colexiación obrigatoria con carácter previo ao inicio da correspondente actividade, entenderase que exerce a profesión a persoa física licenciada en farmacia que realice calquera das actividades que o ordenamento xurídico determine como propias da profesión farmacéutica.

Para o caso das sociedades profesionais, entenderase que exerce a profesión a sociedade que realice algunha das seguintes actividades:

                a) Análises clínicas.

                b) A docencia e investigación.

                c) A distribución de medicamentos.

                d) lndustria.

                e) Óptica oftálmica, Optometría e acústica audiométrica.

5. Os profesionais titulados vinculados coa Administración pública mediante relación de servizos de carácter administrativo ou laboral non precisarán estar colexiados para o exercicio de funcións puramente administrativas nin para a realización de actividades propias da correspondente profesión por conta da Administración a que pertenzan, cando o seu destinatario inmediato sexa esa Administración.

6. Para exercer a sua profesió no ámbito territorial da provincia de Ourense, os farmacéuticos nacionais dun Estado membro da Unión Europea deberán incorporarse ao Colexio Oficial de Farmacéuticos da Provincia de Ourense nos mesmos termos que os que teñan nacionalidade española.

7. Asi mesmo, os nacionais de estados non membros da Unión Europea deberán cumprir os requisitos establecidos nestes estatutos, de ser o caso, proceder á validación de títulos universitarios e cumprir os demais requisitos establecidos pola lexislación vixente para a súa incorporación a este colexio, ademais de ter o correspondente permiso de residencia.

8. Para a súa incorporación ao colexio e ao exercicio da profesión en calquera das súas modalidades, os farmacéuticos a que se fai referencia nos números 5 e 6 deste ártigo deberán acreditar o coñecemento dalgunha das linguas oficiais da comunidade autónoma. No caso das sociedades profesionais, deberán achegar esa documentación respecto ás persoas físicas que desenvolvan labores de atención ao público.

Artigo 8°.-A solicitude e os requisitos xerais para a colexiación.

l. Na solicitude de colexiación o interesado deberá especificar a concreta actividade ou actividades que vaia desenvolver.

2. Para a admisión no Colexio Oficial de Farmacéuticos, xunto á instancia solicitando a colexiación, acreditarase o cumprimento dos seguintes requisitos:

a) Ter nacionalidade española ou dalgún dos estados membros da Unión Europea. No caso dos nacionais doutros Estados, só procederá a admisión en caso de que exista reciprocidade e recoñezan ese mesmo dereito aos que teñen nacionalidade española.

b) No caso das persoas físicas, estar en posesión do título de licenciado en farrnacia e, se é o caso, dos títulos, diplomas e documentos que legalmente o habiliten para o exercicio da modalidade ou especialización correspondente. O título de doutor en farmacia, non acompañado do correspondente título de licenciado en farmacia, non habilitará nin facultará para o exercicio profesional. Para os nacionais dun Estado membro da Union Europea, en canto a diplomas, certificados e outros títulos, observarase o disposto na lexislación vixente, e igualmente para nacionais de estados non membros da Union Europea.

c) Satisfacer a cota de ingreso correspondente.

d) Declaración xurada de carecer de antecedentes que inhabiliten para o exercicio profesional.

e) Acreditar fielmente os títulos ou nomeamentos civís, laborais ou administrativos que en cada caso xustifiquen o tipo de exercicio para o que se solicita a colexiación, de conformidade cos requisitos exixidos.

f) Acreditar fidedignamente a sua identidade.

g) Cando se trate dunha sociedade profesional, deberá acreditar ademais a previa inscricion no Rexistro Mercantil, achegar unha copia fidedigna dos seus estatutos e acreditar a colexiación dos que sexan socios profesionais da persoa xuridica. Ademais, deberá achegar unha copia fidedigna da póliza de seguro de responsabilidade civil que contratase.

3. Cando o solicitante proceda doutro colexio 0ficial de farmacéuticos, deberá acompañar un certificado do colexio de procedencia acreditativo de:

a) Baixa colexial.

b) Modalidades de exercicio profesional ou especializacións da profesión das cales teña constancia.

c) Que estea ao día no pagamento das cotas colexiais.

d) Que non se Ile impuxese sanción disciplinaria firme de expulsión ou de encontrarse suspenso no exercicio da profesión.

Artigo 9°.-As modalidades de colexiación.

Segundo as particulares circunstancias que concorran en cada caso, na incorporación ao colexio distinguiranse as seguintes modalidades:

1. Por razón da actividade: exercente ou non exercente.

2. Por razón da natureza do suxeito persoas físicas ou persoas xurídicas, exclusivamente no caso das sociedades profesionais constituidas conforme a Lei 2/2007, do 15 de marzo.

3. Por razón do sector de actividade profesional, nunha ou varias das seguintes actividades, segundo proceda:

3.1. No caso dos colexiados persoas físicas:

a) Titularidade e propiedade dunha oficina da farmacia, con independencia de que a titularidade e propiedade sexa individual ou en réxime de titularidade e propiedade conxuntas.

b) Adxuntos, substitutos ou rexentes de oficinas de farmacia.

c) Alimentación

d) Dermofarmacia.

e) Análises clínicas.

f) A distribución de medicamentos.

g) Industria.

h) A docencia ou a investigación.

i) Óptica oftálmica, optometría e acústica audiométrica.

j) Ortopedia.

k) Servizo farmacéutico de hospital.

i) Atención primaria.

m) Titular, de saúde pública, ou na Administración.

n) Fitoterapia ou homeopatia

3.2. No caso das sociedades profesionais:

a) Análises clínicas.

b) A docencia ou a investigación.

c) Industria

e) Óptica oftálmica, optometría e acústica audiométrica.

Artigo 10°.-Os colexiados exercentes e non exercentes.

l. Serán colexiados exercentes as persoas físicas que desempeñen unha actividade profesional en calquera modalidacle para a que os faculte o seu título universitario de licenciados en farmacia, a as sociedades profesionais nos termos establecidos na súa lexislación sectorial e nestes estatutos.

2. Son colexiados non exercentes aqueles farmacéuticos que, estando colexiados, non axercen ningunha actividade profesional para a que os faculta 0 seu titulo universitario de licenciado en farmacia. A súa incorporación e pertenza ao colexio será voluntaria mentres persista esta situación.

Artigo 11°.-A concreta actividade profesional das persoas físicas.

l. As persoas físicas que se incorporen como exercentes poderán inscribirse nalgunha das seguintes subseccións do rexistro:

a) Titularidade e propiedade dunha oficina da farmacia, con independencia de que a titularidade e propiedade sexa individual ou en réxime de titularidade e propiedade conxuntas.

b) Adxuntos, substitutos e rexentes de oficinas de farmacia.

c) Alimentación.

d) Dermofarmacia.

e) Análises clínicas.

i) A docencia e a investigación.

g) Distribución.

h) Industria.

i) Óptica oftálmica, optometría e acústica audiométrica.

j) Ortopedia.

k) Servizo farmacéutico de hospital.

l) Atención primaria.

m) Titular, de saúde pública, ou na Administración.

n) Fitoterapia ou homeopatia.

2. Só os farmacéuticos colexiados que sexan persoas físicas poderán ser titulares e propietarios ou copropietarios, con títulos fidedignos, de oficinas de farmacia legalmente establecidas.

A cesión, traspaso ou transmisión dunha oficina de farmacia soamente poderá realizarse a favor doutro ou outros farmacéuticos que sexan persoas físicas e de conformidade cos requisitos establecidos na lexislación vixente.

3. Os titulares propietarios, adxuntos, substitutos e rexentes dunha oficina de farmacia exercerán persoalmente nela a sua profesión, non podendo participar na titularidade propiedade de ningunha outra.

4. Para o desempeño de especialista farmacéutico nos servizos hospitalarios será necesario estar en posesión do título da especialidade correspondente.

Artigo 12°.-A concretra actividade profesional das sociedades profesionais.

As sociedades profesionais que se incorporen como exercentes poderán inscribirse nalgunha ou nalgunhas das seguintes subseccións do rexistro:

a) Análises clínicas.

b) A docencia e a investigación.

c) A distribución de medicamentos.

d) lndustria.

e) Óptica oftálmica, optometría e acússtica audiométrica.

Artigo 13°.-O exercicio profésional que no ámbito territorial do colexio teña carácter ocasional.

1. Créase unha seccion no rexistro para os colexiados doutros colexios provinciais que vaian exercer unha actividade profesional no ámbito deste colexio, sempre en virtude do exercicio de actividades compatibles, e dentro dos límites establecidos nestes estatutos.

2. Para a anotación nesa sección será requisito imprescindible a previa solicitudee do interesado ao colexie de procedencia, e o envio por este unha vez ao mes dunha comunicación en que conste:

a) A concreta actividade profesional no colexio en que se atopa colexiado.

b) A concreta actividade profesienal que vai desenvolver.

c) Que non se atopa inhabilitado por sentenza firme nin suspendido per sanción disciplinaria firme para o exercicieoda profesión ou actividade.

3. Os farmacéuticos anotados na sección 4ª do rexistro terán os dereitos do artigo 26.1° destes estatutos, coa excepción do disposto nas letras d), e), f) e i).

4. Os farmacéutieos anotados na sección 4ª do rexistro quedarán suxeitos aos deberes establecidos nestes estatutos.

5. Non poderán anotarse de novo os colexiados que teñan obrigas pendentes con este colexio.

6. Finalizada a actividade que motivou a súa anotación, o interesado comunicaralle a este colexio, e causará baixa nese momento no rexistro.

Artigo 14°.-Rexolución das solicitudes de colexiación.

1.Presentada unha solicitude de incorporación ao colexio en que non consten todos os datos e requisi­tos exixidos, concederáselle ao interesado un prazo de dez días hábiles para que emende a omisión, coa advertencia de arquivo da solicitude, sen máis trá­mite, se esta non se completa.

2.Instruído o expediente de colexiación, a admi­sión solicitada someterase á decisión da primeira Xunta de Goberno que teña lugar, que mediante resolución aceptará ou denegará motivadamente a solicitude. A resolución será notificada ao interesa­do na forma prevista na lexislación estatal regulado­ra do procedemento administrativo común, e farase pública no ámbito colexial.

3.Transcorridos tres meses desde a solicitude de colexiación, ou seis meses por prórroga expresa, sen notificarse a resolución ao interesado, a súa petición entenderase estimada e conforme dereito, sempre que concorran todos os requisitos exixidos nestes estatutos.

4.Contra os acordos das xuntas de goberno, que admitan ou deneguen as solicitudes de colexiación, poderán os interesados interpoñer, no prazo dun mes, recurso de alzada ante o Consello de Colexios de Farmacéuticos de Galicia, no caso da súa crea­ción, ou do Consello Xeral de Colexios Oficiais de Farmacéuticos.

5.As solicitudes de colexiación serán denegadas cando non se cumpran os requisitos exixidos, non se achegue toda a documentación requirida ou cando esta ofreza dúbidas razoables sobre a súa autenticidade.

6.Cando un colexiado vexa alterada a modalidade ou concreta actividade de exercicio profesional que desempeña, deberá solicitar da Xunta de Goberno que a autorice para cambiar á nova modalidade de exercicio profesional e inscribirse na sección do rexistro que corresponda, achegando os títulos civís, laborais ou administrativos que en cada caso xustifi can o referido cambio.

7.A Xunta de Goberno do colexio só outorgará a autorización cando o interesado cumpra todos os requisitos de colexiación para a modalidade ou acti- vidade profesional de que se trate. Unha vez outorgada a autorización, procederase á práctica dos correspondentes asentos no rexistro.

8.Contra as resolucións da Xunta de Goberno poderase interpoñer recurso de alzada ante o Conse­llo de Colexios de Farmacéuticos de Galicia, no caso da súa creación, ou do Consello Xeral de Colexios Oficiais de Farmacéuticos.

9.Por razón xustificada de especial urxencia, poderanse autorizar altas, baixas e cambios de modalidade con carácter provisional, que en todo caso deberán ser ratificados pola Xunta de Goberno.

Artigo 15°.-O rexistro dos colexiados.

1.Unha vez estimada a solicitude de incorpora­ción do colexio, procederase de oficio á súa inscripción na sección ou seccións do rexistro que corres­pondan. A inscrición neste rexistro ten por finalidade posibilitar que o colexio exerza todas as súas competencias, en particular no que atinxe á deonto- loxía, ás incompatibilidades e á potestade discipli­naria. Non se poderá iniciar o exercicio da actividade profesional ata que se practique a inscrición no rexistro do colexio.

2.O rexistro é público, calquera persoa pode con­sultar o seu contido e solicitar a obtención de copias, sen prexuízo de que poida exixirse o aboamento das taxas correspondentes. Non obstante deberá cum- prirse o establecido na normativa de protección de datos.

3.O mantemento do rexistro de colexiados depen­de do secretario do colexio, a quen corresponde a súa dirección, xestión e coordinación. É igualmente competencia da Secretaría Xeral a custodia e arqui- vo da documentación orixinal e xustificativa, a prác­tica das inscricións, cancelacións e as demais anotacións de rexistro, ou expedir as certificacións que se soliciten.

4.Tamén lle corresponde a remisión periódica de información ao Ministerio de Xustiza e á Xunta de Galicia, das inscricións de sociedades profesionais practicadas no rexistro, para os efectos da publicidade que se divulgue a través dun portal na internet baixo a responsabilidade do Ministerio de Xustiza.

Artigo 16°.-As seccións e subseccións do rexistro dos colexiados.

1.O rexistro de colexiados é único, e constará de catro seccións, que corresponderán, respectivamen­te, aos:

a)Sección 1ª: colexiados persoas físicas exercentes.

b)Sección 2ª: colexiados persoas xurídicas exercentes.

c)Sección 3ª: colexiados non exercentes.

d)Sección 4ª: membros doutros colexios provin­ciais de farmacéuticos que casionalmente vaian exercer unha actividade profesional no ámbito terri­torial da provincia de Ourense.

2.A sección 1ª dos colexiados persoas físicas exercentes organizase nas seguintes subseccións:

a)Titularidade e propiedade dunha oficina de far­macia, con independencia de que a titularidade e propiedade sexa individual ou en réxime de titulari- dade e propiedade conxuntas.

b)Adxuntos, substitutos e rexentes de oficinas de farmacia.

c)Alimentación.

d)Dermofarmacia.

e)Análises clínicas.

f)A docencia e a investigación.

g)Distribución.

h)Industria.

i)Óptica oftálmica, optometría e acústica audio­métrica.

j)Ortopedia.

k)Servizo farmacéutico de hospital.

l)Atención primaria.

m)Titular, de saúde pública, ou na Administración.

n)Fitoterapia ou homeopatía.

3.A sección 2ª dos colexiados persoas xurídicas exercentes organízase nas seguintes subseccións:

a)Análises clínicas.

b)A docencia e a investigación.

c)A distribución.

d)Industria.

e)Óptica oftálmica, optometría e acústica audio­métrica.

4.Será única a sección 3ª dos colexiados non exer centes.

5.Será única a sección 4ª de membros doutros colexios provinciais de farmacéuticos que ocasional­mente vaian exercer unha actividade profesional no ámbito territorial da provincia de Ourense.

Artigo 17°.-A documentación do rexistro.

1.En cada sección do rexistro distinguirase:

a)Un libro de rexistro.

b)Un arquivo de documentación, que conterá a presentada polos solicitantes que fosen admitidos como membros do colexio.

2.O libro das seccións 1ª e 2ª do rexistro estará dividido en tomos que corresponderán a cada unha das subseccións.

3.No libro que corresponda reflectirase a informa­ción individualizada de cada colexiado mediante unha ficha de inscrición, co seu correspondente número de rexistro diferenciado.

4.En cada tomo dos libros distinguirase a identi­ficación da subsección e de sección do rexistro a que pertence. Estarán compostos por follas móbiles, numeradas correlativamente no ángulo superior dereito, e consignarase en cada unha delas o tomo e o folio a que pertencen.

Artigo 18°.-A práctica de asentos no rexistro.

1.No rexistro practicaranse os seguintes asentos:

a)Inscrición.

b)Anotación complementaria.

c)Cancelacións.

d)Anotación de rectificación.

e)Notas marxinais.

2.Os asentos practicaranse de oficio polo encarga­do do rexistro. Non obstante, os que teñan un intere­se lexítimo poderán instar á práctica do asento.

Artigo 19°.-O contido dos asentos de inscrición dos colexiados exercentes que sexan persoas físicas.

1. O contido mínimo dos asentos de inscrición será o seguinte:

a)Nome e apelidos do colexiado.

b)Os datos de data e lugar de expedición do títu­lo de licenciado en farmacia e, de ser o caso, os do doutoramento.

c)Domicilio para os efectos das notificacións colexiais.

2.Cando dentro da sección de colexiados exercentes que sexan persoas físicas a inscrición se realice na subsección de titulares e propietarios de oficinas de farmacia, deberá deixarse constancia, ademais, dos seguintes datos:

a)Data de outorgamento da autorización do esta- blecemento sanitario. Ademais deberá conservarse copia da autorización sanitaria no arquivo de docu­mentación.

b)No caso de que exista propiedade e titularidade conxuntas da oficina de farmacia, ademais do nome e apelidos de todos os interesados deberá indicarse cal é a distribución de dereitos, obrigas e responsa­bilidades, precisándose a porcentaxe que correspon­de a cada copropietario e cotitular.

c)Enderezo en que estea situada a oficina de far­macia.

3.No arquivo de documentación conservarase copia dos títulos de licenciatura e doutoramento.

Artigo 20°.-O contido dos asentos de inscrición dos colexiados exercentes que sexan unha sociedade pro­fesional.

1.O contido mínimo dos asentos de inscrición será o seguinte:

a)A denominación ou razón social e domicilio da sociedade.

b)Número de identificación fiscal da sociedade profesional.

c)Data e recensión identificativa da escritura pública de constitución e notario autorizante; e duración da sociedade se se constituíse por tempo determinado.

d)A concreta actividade ou actividades profesio- nais que constitúan o obxecto social, dentro dos límites impostos pola normativa sanitaria vixente.

e)Identificación dos socios profesionais e non pro- fesionais e, en relación con aqueles, número de colexiado e colexio profesional de pertenza.

f)Identificación das persoas que se encarguen da administración e representación da sociedade, con expresión a condición de socio profesional ou non de cada unha delas.

g)Número da póliza e entidade con que a socieda- de profesional contratase o seguro de responsabilidade civil e capital asegurado.

h)O domicilio da sociedade profesional para os efectos das notificacións colexiais.

2.No arquivo de documentación deberá conser­varse a escritura de constitución (abondará a primeira copia), así como da certificación da inscrición da sociedade profesional no Rexistro Mercantil.

3.En caso de producirse algunha modificación da sociedade profesional, deberá ser notificada no pra­zo de 15 días ao rexistro do colexio. Para eses efec­tos, enténdese por modificación o cesamento ou nomeamento de administradores, o cambio dos socios, a modificación do contrato social ou calque­ra outra alteración que deba ter reflexo no Rexistro Mercantil. O cómputo do prazo de 15 días aplicara- se desde a práctica do correspondente asento no Rexistro Mercantil.

4.Aínda que non se producisen modificacións, cada dous anos, contados desde a data da inscrición, as sociedades profesionais deberán presentar no rexistro do colexio unha declaración formal en que manifesten que non houbo cambios no contido míni­mo da inscrición, que se detalla no número 1 deste artigo.

Artigo 21°.-As anotacións complementarias no rexistro.

Producirase a anotación complementaria nos seguintes casos:

a)Cando se lle impoña unha sanción disciplinaria ao colexiado, sexa persoa física ou sociedade profe­sional. Para a práctica dese asento non será necesa­ria a firmeza da sanción.

b)Cando o colexio reciba notificación das sentenzas xudiciais firmes, ou resolucións administrativas que gañasen firmeza, polas cales se anule unha san­ción disciplinaria.

c)Cando o colexio reciba notificación das sentenzas xudiciais firmes, nas que se impoña unha san­ción penal que afecte ao exercicio profesional.

d)Cando o colexio reciba notificación das sentenzas xudiciais firmes, ou resolucións administrativas que gañasen firmeza en vía administrativa, ditadas sobre autorizacións de apertura, funcionamento, ampliación, modificación, traslado, transmisión ou peche dalgunha oficina de farmacia.

e)Cando o colexio reciba notificación das medidas preventivas adoptadas polos xuíces ou tribunais, ou pola Administración competente, que producen a suspensión da vixencia das mencionadas autorizacións.

f)Cando se produzan modificacións na sociedade profesional que afecten as circunstancias que cons­tan no asento de inscrición. Nese sentido, e entre outras circunstancias, dará lugar á práctica dunha anotación complementaria calquera cambio de socios e administradores, ou calquera modificación do contrato social.

g)Calquera outra medida que afecte aos asentos de inscrición practicados no rexistro.

Artigo 22°.-Os asentos de cancelación.

1.Practicarase o asento de cancelación da inscri­ción, cando se produza a baixa dalgún colexiado, ben por cambio da situación de exercente á de non exercente, ou viceversa, ben por baixa no colexio por calquera outra circunstancia.

2.No caso das sociedades profesionais, procederá igualmente o asento de cancelación da inscrición cando se produza a súa extinción.

3.Cando se extingan as responsabilidades deriva­das da imposición dunha sanción disciplinaria, cancelarase a correspondente anotación complementa­ria.

4.Tamén se practicará o asento de cancelación correspondente, cando por calquera circunstancia se produza a total e definitiva perda de eficacia de acto de autorización de oficina de farmacia.

5.En todo caso, a práctica do asento de cancela­ción non eximirá o colexio do deber de conservar a inscrición e ulteriores asentos, e mantelos accesi­bles á súa pública consulta.

Artigo 23°.-Os asentos de rectificación.

1.Os erros materiais, de feito ou aritméticos, que se detecten no contido dos asentos practicados, serán rectificados, de oficio ou por instancia de par­te, polo propio encargado do rexistro mediante a anotación de rectificación.

2.Os erros que deriven dos asentos do rexistro deberán corrixirse de conformidade co establecido na lexislación estatal do procedemento administrati­vo común, e a continuación practicarase a anotación de rectificación.

Artigo 24°.-As notas marxinais.

Farase constar mediante nota marxinal calquera outro acto ou resolución que pola súa natureza deba facerse constar no rexistro.

Artigo 25°.-Réxime xurídico dos actos e actuacións do rexistro.

1.Cando para a práctica dun asento non consten todos os datos e requisitos exixidos, concederáselle ao interesado un prazo de dez días hábiles para que emende a omisión, coa advertencia de cualificación negativa da práctica do asento, e o arquivo das actuacións, se non se completa a documentación requirida.

2.secretario encargado do rexistro cualificará negativamente a práctica do asento cando non se axuste ao establecido nestes estatutos. Cando a cualificación sexa positiva, practicará o asento que corresponda.

3.Para que produza efectos, a cualificación nega­tiva realizada polo secretario encargado do rexistro deberá ser confirmada pola Xunta de Goberno.

4.Contra a cualificación negativa para a práctica dun asento de rexistro que fose confirmada pola Xunta de Goberno poderán os interesado interpoñer, no prazo dun mes, recurso de alzada ante o Consello de Colexios de Farmacéuticos de Galicia, no caso da súa creación, ou do Consello Xeral de Colexios Oficiais de Farmacéuticos.

Adjuntos:
Descargar este adjunto (estatucof.pdf)Estatutos