Colegio Oficial de Farmaceuticos de Ourense
asgafa
sergas
portalfarma
logoama
bannerCF 300x90
Bolsa Farmamundi 40g

Estatutos - TITULO IV

ESTATUTO DOS COLEXIADOS

Artigo 26°.-Os dereitos dos colexiados.

1.Desde o momento da súa incorporación ao colexio profesional, todo colexiado terá dereito a:

a)Exercer a profesión para a concreta actividade ou actividades en que fose admitido e se inscribise na correspondente sección do rexistro colexial.

b)Ser asistido e asesorado polo colexio, de acordo cos medios de que este dispoña, en cantas cuestións se susciten fronte a terceiros por razón de exercicio profesional, e que a Xunta de Goberno considere de interese para a profesión.

c)Recibir as circulares, notificacións, comunicacións e a demais documentación que se acorde remi­tir polo Colexio Oficial de Farmacéuticos da Provin­cia de Ourense, polo Consello de Colexios de Far­macéuticos de Galicia, no caso da súa creación, e polo Consello Xeral de Colexios Oficiais de Farma­céuticos.

d)Ter acceso aos libros de actas e de contabilidade xeral, en presenza dun membro da Xunta de Goberno, ou de quen sexa delegado por esta, e a obter as certificacións correspondentes.

e)Participar na xestión corporativa e, polo tanto, exercer os dereitos de petición, voto, acceso a postos e cargos directivos, mediante os procedementos, e con cumprimento dos requisitos que se establecen nestes estatutos.

f)Participar no uso e desfrute dos bens e servizos colexiais, dentro das normas reguladoras inevitable­mente exixidas pola súa natureza colectiva.

g)Ser recibido, por petición propia, polo presiden­te e os demais membros da Xunta de Goberno, de acordo coas normas establecidas para ese caso.

h)Dereito a asociarse e agruparse con fins profe­sionais no seo do colexio, con sometemento en todo caso aos seus órganos de goberno.

i)Actuar no exercicio da súa profesión con toda liberdade e independencia, sen outras limitacións que as impostas polas leis e polas normas estatuta­rias; poderán para tal efecto solicitar e obter do colexio e, de ser o caso, do respectivo Consello Autonó­mico e Consello Xeral de Colexios Oficiais de Far­macéuticos a protección da súa lícita actuación, baixo o amparo da Constitución.

j)Serlle expedida certificación sobre os feitos e circunstancias do seu exercicio profesional dos cales teña constancia documentada o colexio.

2.Para o exercicio dos seus dereitos colexiais, as sociedades profesionais designarán a persoa que os represente; deberá quedar constancia no rexistro colexial do nome e apelidos da persoa designada e, de ser o caso, dos seus substitutos. En calquera caso, a designación debe recaer na persoa dalgún dos socios profesionais que formen parte do órgano de administración da sociedade profesional.

3.No exercicio dos dereitos de participación esta­blecidos no número 1.d) deste mesmo precepto, a condición de socio profesional dunha sociedade pro­fesional non privará a persoa física dos dereitos que individualmente lle corresponden como colexiado.

Artigo 27°.-Os deberes dos colexiados.

Desde a súa incorporación ao colexio, todo colexiado contrae os seguintes deberes:

a)Cumprir estritamente, en calquera das modali­dades admitidas para o exercicio da profesión farma­céutica, o disposto na lexislación sanitaria e do medicamento, nestes estatutos e nos xerais da profe­sión farmacéutica, así como acatar as decisións do colexio cando fosen axustadas a dereito.

b)Respectar e gardar o segredo profesional.

c)Exercer a profesión ou modalidade desta a que se dediquen, procurando en todo momento realizar coa máxima eficacia as tarefas sanitarias e asisten- ciais que lle sexan propias, de acordo cos criterios básicos do uso racional dos medicamentos estableci­dos nas leis e nas directrices deste colexio, do Con­sello Autonómico, no caso da súa creación, e do Con­sello Xeral de Colexios Oficiais de Farmacéuticos.

d)Esforzarse por ofrecer unha elevada calidade nas súas actuacións profesionais, mediante unha for­mación permanente que actualice os seus coñece- mentos.

e)Poñer en coñecemento do colexio os actos de intrusión ou de exercicio ilegal e calquera outro pro­fesionalmente reprobable de que tivese coñecemento.

f)Evitar toda clase de convenios e acordos ou pac­tos con outras profesións sanitarias ou con entidades públicas ou privadas que teñan por obxecto lucrarse coa recomendación e ordenación dos seus respecti­vos servizos e impidan a liberdade de elección do usuario.

g)Tramitar por conduto do colexio, que lle dará curso co seu preceptivo informe, toda petición ou reclamación que se teña que formular ao Consello Autonómico, no caso da súa creación, ou ao Conse­llo Xeral de Colexios Farmacéuticos, e poñer en coñecemento do colexio todas aquelas iniciativas que afecten a actividade profesional.

h)Solicitar o oportuno cambio no rexistro colexial cando se produza variación no seu exercicio profe­sional.

i)Comunicar puntualmente ao colexio os cambios de domicilio, así como calquera outra variación de tipo burocrático ou administrativo que afecte a súa situación colexial.

j)Someter á consideración e aprobación, se é o caso, do colexio, calquera clase de propaganda e publicidade que lle interese realizar sobre estable- cementos e servizos profesionais relacionados con calquera clase de exercicio da profesión.

k)Respectar os prezos de venda das especialida­des farmacéuticas determinados pola lexislación vixente.

l)Cumprir estritamente as funcións de adquisi­ción, custodia, subministración, control e dispensa­ción de medicamentos tanto de uso humano como de uso animal, mediante a presenza obrigada e actua­ción profesional dos farmacéuticos necesarios para unha correcta asistencia, tanto na oficina de farma­cia coma nos servizos de farmacia hospitalaria e de atención primaria, boticas anexas ou depósitos de medicamentos, almacéns de distribución, de medi­camentos, establecementos comerciais retallistas de medicamentos de uso animal e agrupacións gandei­ras autorizadas.

m)Cumprir os horarios, quendas de garda e servi­zos de urxencia establecidos aos farmacéuticos pro­pietarios de oficinas de farmacia, rexentes ou subs­titutos.

n)Propoñer o nomeamento de substitutos, rexentes ou adxuntos, nos casos exixidos polas leis.

o)Non difundir informacións que se declaren con- fidenciais, conforme a lexislación sanitaria e norma­tiva legal.

p)Aboar as cotas colexiais regulamentariamente establecidas.

Artigo 28°.-As normas básicas de deontoloxía pro­fesional.

Todo colexiado se absterá de:

a)Realizar actividades profesionais incompatibles a teor do disposto pola normativa legal vixente.

b)Ter calquera clase de intereses económicos directos cos laboratorios farmacéuticos, por parte do farmacéutico con exercicio profesional nos estable- cementos e servizos de atención farmacéutica pre­vistos no artigo 51 da Lei 5/1999, do 21 de maio, de ordenación farmacéutica da Comunidade Autónoma de Galicia.

c)Preparar remedios secretos.

d)Comercializar medicamentos non autorizados.

e)Ofrecer primas, obsequios, concursos ou actos similares como método de venda ao público dos medicamentos.

f)Realizar calquera actuación expresamente prohibida polas leis e a normativa colexial.

g)Realizar calquera outra actuación que atente contra a deontoloxía profesional.

Artigo 29°.-A perda da condición de colexiado.

1.A condición de colexiado perderase polas seguintes causas:

a)Falecemento do colexiado.

b)Baixa voluntaria comunicada por escrito.

c)Perda dos requisitos para a colexiación, proba­da mediante expediente con audiencia do interesa­do.

d)Expulsión do colexio, acordada en expediente disciplinario, unha vez que asine o acto sancionador.

e)Falta de pagamento de seis meses, logo de requirimento fidedigno efectuado ao interesado.

2.A perda da condición de colexiado non liberará o interesado do cumprimento das obrigas vencidas, nin do pagamento das cotas ordinarias e extraordina­rias impostas antes de que a baixa tivese lugar.

3.As decisións referidas á perda da condición de colexiado adoptadas pola Xunta de Goberno poderán ser obxecto de recurso de alzada ante o Consello Autonómico, no caso da súa creación, ou ao Conse­llo Xeral de Colexios de Farmacéuticos.

Adjuntos:
Descargar este adjunto (estatucof.pdf)Estatutos