Colegio Oficial de Farmaceuticos de Ourense
asgafa
sergas
portalfarma
logoama
bannerCF 300x90
Bolsa Farmamundi 40g

Estatutos - TITULO VI

O PROCESO ELECTORAL

Artigo 42°.-Requisitos para acceder aos cargos da Xunta de Goberno.

1.Os cargos da Xunta de Goberno proveranse para un período de catro anos, mediante elección libre e secreta en que teñen dereito a participar todos os colexiados.

2.Para concorrer ás eleccións, en calquera cargo, será necesario cumprir os seguintes requisitos:

a)Non ser obxecto de sancións disciplinarias por faltas graves, nin ser inhabilitado por sentenza firme para o exercicio da profesión ou cargo público, ou estean incursos en calquera outra prohibición ou incapacidade legal ou estatutaria, sempre e cando adquirisen firmeza.

b)Non ocupar o mesmo cargo da xunta a que se opta durante os últimos 8 anos consecutivos.

3.Ademais, para os cargos de presidente, vicepre­sidente, secretario e tesoureiro, os candidatos deben acreditar un mínimo de tres anos de exercicio profe­sional e estar colexiados no Colexio Oficial de Far­macéuticos da Provincia de Ourense, e acreditar que se achan en exercicio no momento da convocatoria.

4.Para os cargos de vogal de número e vogal de sección, será necesario igualmente estar en exerci­cio e colexiados no Colexio Oficial de Farmacéuticos da Provincia de Ourense e estar inscritos na sección correspondente cunha antigüidade superior a un ano.

Artigo 43°.-A convocatoria de eleccións.

O presidente, logo de acordo de Xunta de Gober­no, convocará eleccións cunha antelación de tres meses á data de conclusión estatutaria do mandato dos membros daquela. No momento da convocatoria enviaráselles a todos os colexiados o calendario electoral.

Artigo 44°.-A constitución da mesa electoral.

1.Inmediatamente despois de ser convocadas as eleccións, e nun prazo non superior a dez días, constituirase a mesa electoral na mesma sede colexial, que vixiará todo o proceso, presidirá a votación, rea­lizará o escrutinio e resolverá as reclamacións que se presenten.

2.A mesa electoral estará presidida polo colexia­do máis antigo que non supere a idade de 65 anos.

Actuará como secretario o colexiado de menor ida- de. Estarán auxiliados por un vogal, que será o cole­xiado de maior idade que non supere os 60 anos. Para todos os cargos se designarán suplentes elixidos de acordo coas mesmas normas que os titulares por se se producisen renuncias ou baixas xustificadas.

3.Ningún candidato poderá ser membro da mesa electoral.

4.A mesa electoral no mesmo día da súa constitu­ción establecerá o seu horario de permanencia na sede colexial.

5.As normas electorais serán remitidas a todos os colexiados pola mesa electoral nun prazo de cinco días desde a data da súa constitución.

Artigo 45°.-O censo de electores.

1.día da constitución da mesa electoral, a Xunta de Goberno facilitará a esta a lista de electores para a elección de cargos da Xunta de Goberno.

Nesa lista estarán incorporados aqueles que solici­tasen a colexiación ata a data en que teña lugar a Xunta de Goberno en que o presidente convocou as eleccións.

2.A lista de electores exporase no taboleiro de anuncios e constituirá o censo de votantes. Contra ese censo poderanse interpoñer reclamacións ante a mesa electoral no prazo de 15 días. As reclamacións resolveranse e faranse públicas no taboleiro de anuncios no prazo de cinco días desde a finalización do seu prazo de interposición.

3.Contra as resolucións da mesa electoral pode­ranse interpoñer recursos no prazo de cinco días ante o Consello Xeral de Colexios Oficiais de Far­macéuticos ou o Consello Autonómico, no caso de existir, que resolverá os devanditos recursos no pra- zo de quince días.

4.De todas as sesións da mesa electoral se levan­tará acta por triplicado exemplar; unha delas remitirase ao Consello Xeral de Colexios ou ao Consello Autonómico, no caso da súa creación.

Artigo 46°.-A presentación e proclamación de can­didaturas.

1.A candidatura xeral para membros de Xunta de Goberno deberá recoller inescusablemente as persoas propostas para os cargos de presidente, vice­presidente, secretario, tesoureiro e vogais de núme­ro.

Os vogais de sección serán obxecto de proposta en candidaturas separadas.

2.A candidatura deberá estar avalada, como míni­mo, polo S por cento dos colexiados ata un límite de cen. Para os vogais de sección a candidatura deberá ir avalada por un mínimo de dous colexiados inscri­tos na correspondente modalidade profesional. Os aspirantes poderán avalarse a si mesmos. Á súa vez, un colexiado poderá avalar máis dunha candidatura. Ningún candidato poderá presentar a súa candidatu­ra a máis dun cargo.

3.Cincuenta días antes da data en que teñan lugar as eleccións, deberán constar en poder da mesa electoral as candidaturas propostas. Serán nulas as candidaturas presentadas fóra de prazo e as que non o fosen en forma e documentación requiridas. As candidaturas presentadas deberán acreditar docu­mentalmente os requisitos exixidos nestes estatutos, ademais da conformidade dos candidatos.

A mesa electoral, en acto público, procederá á pro­clamación das candidaturas presentadas en tempo e forma, ao día seguinte da finalización do prazo de presentación.

4.Se non se presentase ningunha candidatura, a Xunta de Goberno ou, de ser o caso, a comisión xestora, proporá unha para continuar co proceso. No caso de existir unha candidatura única, proclamara­se de forma automática.

5.Tras o acto da proclamación de candidaturas, concederase un prazo de cinco días para as reclama- cións ou substitucións ante a mesa electoral. O acor­do da mesa electoral poderá ser obxecto de recurso, que se interporá no prazo de cinco días ante o Con­sello Xeral de Colexios Oficiais de Farmacéuticos, ou ante o Consello Autonómico, no caso da súa crea­ción, que resolverá eses recursos no prazo de quin­ce días. Este recurso esgota a vía administrativa.

6.As candidaturas validamente proclamadas poranse en coñecemento de todos os colexiados, como mínimo mediante a súa publicación no taboleiro de anuncios do colexio, cunha antelación mínima de vinte días naturais ao sinalado para as eleccións.

Artigo 47°.-A votación.

1.Só poderán utilizarse os sobres e as papeletas oficialmente editadas polo colexio, quen llelas remi­tirá aos votantes por orde da mesa electoral.

2.A votación farase en acto público, no ámbito corporativo, e cada candidatura poderá nomear un interventor da súa libre elección entre os colexiados.

3.Serán electores todos os farmacéuticos que consten como colexiados na data da convocatoria de eleccións e figuren na lista de electores.

4.Os electores poderán acudir persoalmente para realizar a votación ou emitir o voto por correo.

Artigo 48°.-O voto por correo.

1.voto por correo efectuarase en sobre pechado remitido por correo certificado ou mensaxaría con xustificante de recepción e dirixido ao presidente da mesa electoral, no domicilio do colexio, coa sinatura do colexiado remitente na lapela do sobre, onde figurará así mesmo de forma lexible o nome, apelidos, domicilio e número de colexiado. Dentro do sobre introducirase unha fotocopia do DNI e os sobres pechados que conteñan as papeletas das votacións. Serán admitidos os votos por correo reci­bidos antes da hora de peche sinalada para a vota­ción.

2.voto persoal anulará en todo caso o voto por correo.

3.No non previsto nestes estatutos para o voto por correo, aplicaranse os criterios contidos na lexislación electoral xeral.

Artigo 49°.-O escrutinio.

1.Concluído o tempo para a votación procederase ao escrutinio. O secretario levantará acta co resulta­do deste, que será subscrito polo presidente, os vogais e os interventores das candidaturas.

2.As actas serán lidas publicamente ante os asis­tentes á elección e proclamando os nomes dos elixidos.

Artigo 50°.-A toma de posesión.

1.No prazo máximo de 30 días naturais a partir de que tivese lugar a elección, os elixidos tomarán posesión dos seus cargos.

2.Efectuada a toma de posesión dos cargos darase traslado para o seu coñecemento á Administración autonómica, aos restantes colexios de farmacéuticos da Comunidade Autónoma, ao Consello Autonómico, no caso de existir, e ao Consello Xeral de Colexios Farmacéuticos.

Adjuntos:
Descargar este adjunto (estatucof.pdf)Estatutos