O RÉXIME DISCIPLINARIO
Artigo 55°.-A responsabilidade disciplinaria.
1.Os colexiados no Colexio Oficial de Farmacéuticos da Provincia de Ourense e os colexiados que exerzan no seu ámbito provincial de forma ocasional incorrerán en responsabilidade disciplinaria nos supostos e circunstancias establecidos nestes estatutos.
2.No caso das sociedades profesionais deberá terse en conta o seguinte:
a)exercicio da potestade disciplinaria non se verá obstaculizado cando o colexiado sexa unha sociedade profesional. Sen prexuízo da responsabilidade da persoa física que cometese algunha infracción disciplinaria no exercicio da súa actividade, a sociedade profesional tamén poderá ser sancionada cando cometa algunha infracción.
b)Con independencia de que sexan ou non socios, as persoas físicas colexiadas que se integren nunha sociedade profesional ou colaboren con ela seguirán suxeitos á responsabilidade disciplinaria que lles puidese corresponder como tales persoas físicas.
3.A responsabilidade disciplinaria derivada do exercicio de actos ou actuacións profesionais por unha sociedade que non estea debidamente constituída e inscrita no rexistro do colexio, será imputable, con carácter solidario, aos socios que estean colexiados neste Colexio Oficial de Farmacéuticos da Provincia de Ourense.
4.O réxime disciplinario establecido nestes estatutos enténdese sen prexuízo das responsabilidades de calquera outra orde en que os colexiados puidesen incorrer.
5.A potestade sancionadora correspóndelle á Xunta de Goberno. Non obstante, o axuizamento e sanción das faltas cometidas polos membros da Xunta de Goberno será competencia do Consello Xeral de Colexios de Farmacéuticos ou do Consello Autonómico, no caso da súa creación.
6.Só poderán impoñerse sancións disciplinarias en virtude de expediente instruído para o efecto, de acordo co procedemento establecido neste título e co disposto na lexislación vixente.
7.A Xunta de Goberno poderá proceder á creación dunha comisión deontolóxica, constituída por colexiados, que será a encargada de velar polo cumprimento da deontoloxía profesional, así como de realizar aqueloutras funcións que lle sexan delegadas pola Xunta de Goberno dentro do ámbito deontolóxico.
Esa comisión terá a misión de elaborar un código deontolóxico que deberá ser aprobado pola asamblea xeral.
Artigo 56°.-As infraccións.
As infraccións clasifícanse en:
a)Faltas leves.
b)Faltas graves.
c)Faltas moi graves.
Artigo 57°.-As faltas leves.
Terán carácter de faltas leves as seguintes accións ou omisións:
a)incumprimento das normas establecidas nestes estatutos ou as que dimanasen dos acordos que, axustados ao dereito, tomase a asemblea xeral, sempre que de tal incumprimento non derive prexuízo ou menoscabo para o interese xeral.
b)atraso en satisfacer as cotas ou cantidades debidas ao colexio por calquera concepto.
c)A neglixencia no cumprimento das funcións que leve anexas calquera cargo dos órganos de goberno ou misión que se encomendase a un colexiado sempre que de tal incumprimento non derive prexuízo ou menoscabo para o interese de colexio.
d)A neglixencia en comunicar ao colexio calquera variación de tipo administrativo que puidese producirse na situación profesional do colexiado.
e)Non lle notificar ao colexio as infraccións destes estatutos das cales un colexiado tivese coñecemento, cando redunden en prexuízo do interese moral ou profesional para o colectivo farmacéutico.
f)A falta de contestación ante a solicitude personalizada e documentada de datos de tipo profesional formulada pola Xunta de Goberno.
g)Actos probados de desconsideración manifesta aos compañeiros no exercicio da actividade profesional.
h)A infracción do réxime de horarios, así como o deber de información ao público das quendas de urxencia na oficina de farmacia.
i)As infraccións en materia de publicidade previstas nestes estatutos e que deban ser vixiadas polo colexio.
j)Non contar no establecemento sanitario a cargo do colexiado coas instalacións útiles ou existencias mínimas establecidas nas leis vixentes.
k)A non inscrición das sociedades profesionais no rexistro do colexio.
Artigo 58°.-As faltas graves.
Terán carácter de faltas graves as seguintes accións ou omisións:
a)A incidencia ou reiteración de faltas leves producidas no prazo dun ano, a partir da data en que a sanción adquiriu firmeza.
b)previsto no artigo 57°, letras a) e c), cando cause prexuízo a terceiros ou desprestixio á profesión.
c)A violación do segredo profesional, cando non ocasione grave prexuízo ou dano material á persoa a quen o segredo violado afecte.
d)Amparar ou encubrir o exercicio ilegal da profesión, en calquera das súas modalidades, incluído o exercicio da actividade de oficina de farmacia por unha sociedade profesional.
e)Promover toda actividade, pacto ou convenio encamiñado a impedir o lexítimo dereito dos particulares ou entidades para elixir con plena liberdade o servizo do profesional farmacéutico.
f)A propaganda, anuncio ou calquera tipo de publicidade en xornais, revistas, medios de comunicación electrónicos ou outro medio que ocasione desprestixio á profesión ou que viole a normativa en materia de publicidade enganosa, competencia desleal ou calquera outro tipo de publicidade prohibida pola normativa legal vixente, así como a venda de medicamentos a través deles.
g)Ausentarse da actividade profesional por tempo superior ao que determine a lexislación sen formalizar os requisitos legais e regulamentarios.
h)Desatender os requirimentos do colexio para o pagamento de cotas e similares.
i)Falta de prestación do servizo de urxencia polas oficinas de farmacia nos termos reglamentariamente establecidos.
j)A obstrución voluntaria do normal desenvolvemento da asemblea xeral.
k)A captación de receitas fóra da oficina de farmacia e calquera acto ou omisión encamiñado a coartar a liberdade do usuario na elección de oficina de farmacia.
l)A dispensación de medicamentos en establece- mentos distintos dos autorizados legalmente para iso, así como calquera tipo de venda indirecta, venda de medicamentos a domicilio, por mensaxaría ou por medio de venda ambulante.
m)Efectuar descontos nos prezos das especialidades farmacéuticas, tanto de uso humano como animal, así como de fórmulas maxistrais e preparados de oficina, sen prexuízo da lexislación vixente.
n)Non acatar os acordos dos órganos de goberno do colexio, cando o seu incumprimento represente prexuízo moral ou material para a colectividade.
Artigo 59°.-As faltas moi graves.
Terán carácter de faltas moi graves as seguintes accións ou omisións:
a)A reincidencia ou reiteración de faltas graves.
b)A preparación de remedios secretos, así como a ocultación de principios activos.
c)A violación do segredo profesional cando ocasione grave prexuízo ou dano material ou moral a terceiros.
d)A neglixencia no exercicio profesional, cando concorra a existencia de danos graves, probada aquela e demostrados estes en sentenza xudicial firme.
e)Facer uso da profesión para a comisión de delitos ou faltas comúns.
f)Amparar ou encubrir, co propio título profesional, o exercicio ilegal da profesión, en calquera das súas modalidades, incluído o exercicio da actividade de oficina de farmacia por unha sociedade profesional.
g)A comisión de calquera falta tipificada como grave no artigo 58°, cando o autor dos feitos fose membro da Xunta de Goberno do colexio.
h)Denunciar feitos falsos con mala fe demostrada.
i)A dispensación de substancias e produtos susceptibles de producir dopaxe no ámbito da actividade deportiva que propicien a utilización de métodos non regulamentarios ou prohibidos no deporte, sen cumprir coas formalidades regulamentarias prescritas para iso.
Artigo 60°.-As sancións.
1.As sancións aplicables aos autores das faltas serán as seguintes:
a)Nos supostos de faltas leves:
-Amoestación privada ou pública.
-Apercibimento por escrito.
-Sanción económica ata 600 euros.
b)Nos supostos de faltas graves:
-Sanción económica entre 601 euros e 3.000 euros.
-Suspensión do exercicio profesional por tempo non superior a seis meses.
c)Nos supostos de faltas moi graves:
-Sanción económica entre 3.001 euros e 15.000 euros.
-Suspensión do exercicio profesional desde seis meses ata dous anos.
-Expulsión do colexio.
2.A imposición dunha sanción de suspensión do exercicio profesional ou expulsión levará aparellada a proposta de peche ante os organismos competentes do establecemento de que sexa titular o sancionado, polo tempo sinalado na sanción, ou a obriga de nomear un substituto naqueles casos en que por lei o establecemento non poida permanecer pechado.
3.En canto á aplicación das sancións económicas, farase a súa actualización anualmente, de acordo co índice de prezos de consumo xeral ou índice que, de ser o caso, poida substituílo.
4.Na aplicación das sancións, os instrutores estarán vinculados por canto queda previsto nos números anteriores. En atención á natureza da falta cometida, os antecedentes do expedientado, as circunstancias de toda orde modificadoras da responsabilidade, a repercusión do feito, os prexuízos ocasionados a terceiros, a outros colexiados ou á profesión e calquera outra razón, o instrutor poderá proponer a sanción que considere máis axustada entre as previstas para calquera tipo de falta, baseándose no principio de proporcionalidade.
5.As sancións non se imporán necesariamente pola orde en que aparecen relacionadas no número primeiro deste artigo.
Artigo 61°.-A execución ou suspensión das sancións.
1.Unha vez que sexan firmes en vía administrativa, as sancións serán executables pola Xunta de Goberno, nos termos que se sinalen na resolución.
2.A suspensión do exercicio profesional suporá o cesamento en toda modalidade deste durante o tempo da suspensión, o que se executará, se iso é preciso, mediante o auxilio da autoridade administrativa. No suposto de que a sanción de suspensión de exercicio profesional recaia nun copropietario de oficina de farmacia, este verase obrigado a nomear substituto polo tempo de suspensión.
3.A expulsión do colexio executarase dando de baixa o sancionado e comunicándollelo a todos os colexiados e autoridades sanitarias, para os efectos oportunos.
Transcorridos catro anos desde a data efectiva da expulsión do colexio, o sancionado poderá solicitar a rehabilitación e a súa nova colexiación.
4.O cobramento das sancións farase efectivo mediante requirimento ao sancionado ou concedéndoo no prazo de trinta días para ingresar o seu importe na caixa do colexio ou conta bancaria designada para o efecto. Transcorrido o devandito prazo, o presidente do colexio, logo de acordo da Xunta de Goberno, instará ao procedemento xudicial correspondente para obter o pagamento do debido.
En todo caso, o importe da sanción poderá ser deducido do pagamento que por calquera concepto teña que percibir do colexio.
Artigo 62°.-A prescrición das infraccións e as sancións.
1.As faltas prescribirán nos seguintes prazos, contados a partir da data en que se cometese o feito sancionable sen que se iniciase o expediente disciplinario:
a)As faltas leves ao ano.
b)As faltas graves aos dous anos.
c)As faltas moi graves aos tres anos.
2.inicio do expediente interromperá en todo caso a prescrición.
3.As sancións prescribirán nos seguintes prazos:
a)No caso de faltas leves ao ano.
b)No caso de faltas graves aos dous anos.
c)No caso de faltas moi graves aos tres anos.
O prazo de prescrición da súa sanción por falta de execución comezará a contarse desde o día seguinte a aquel en que o órgano competente comunique ao colexio competente o carácter firme da resolución sancionadora.
O prazo de prescrición da sanción, cando o sancionado quebrante o seu cumprimento, comezará a contar desde a data do quebrantamento.
Artigo 63°.-O procedemento sancionador.
1.Terán funcións sancionadoras no ámbito da súa respectiva competencia:
a)A Xunta de Goberno.
b)Consello Xeral de Colexios Oficiais de Farmacéuticos ou Consello Autonómico, no caso da súa creación.
2.A competencia de instrutor alcanzará:
a)A instrución dos expedientes para os que fose nomeado.
b)Propoñer as sancións que, ao seu xuízo, correspondan.
3.A Xunta de Goberno constituída en órgano disciplinario terá competencia:
a)Para promover a instrución e vixiar a correcta tramitación dos expedientes.
b)Para resolver o expediente.
c)Para executar as sancións impostas.
4.O Consello Xeral de Colexios Oficiais de Farmacéuticos, ou o Consello Autonómico, de ser o caso, terá competencias para instruír expedientes e xulgar as faltas da Xunta de Goberno ou de calquera dos seus membros.
5.propio acordo de apertura do expediente disciplinario designará o instrutor e o secretario, tanto se estivesen nomeados con carácter xeral coma se o fosen con carácter especial. A Xunta de Goberno, de ser o caso, poderá substituír o instrutor e secretario, así como eventualmente designar uns novos, o que se lle notificará ao colexiado suxeito a expediente, así como aos designados para ocupar os devanditos cargos.
6.Como órgano disciplinario, a Xunta de Goberno terá a mesma composición que como órgano de goberno, salvo abstencións ou recusacións de acordo co dereito.
7.Os instrutores e secretarios serán designados pola Xunta de Goberno, entre os seus membros, para cada expediente. A renuncia soamente poderá facerse por causa xustificada.
8.Todo instrutor poderá ser substituído por outro por acordo da Xunta de Goberno se incumprise as normas de procedemento, os prazos do expediente ou por calquera outra causa xustificada.
9.A Xunta de Goberno, como medida preventiva, poderá decidir as medidas provisionais que considere oportunas para asegurar a eficacia da resolución que se puidese ditar, se existisen elementos de xuízo suficientes para iso. Non se poderán tomar medidas provisionais que poidan causar danos irreparables aos interesados, ou ben que impliquen a violación de dereitos amparados polas leis.
10.Serán de aplicación ao instrutor e ao secretario as normas relativas á abstención e recusación dos artigos 28 e 29 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
11.O instrutor ordenará a práctica de cantas dilixencias sexan adecuadas para a determinación e comprobación dos feitos e, en particular, de cantas probas poidan conducir ao esclarecemento e á determinación das responsabilidades susceptibles de sanción. Á vista das actuacións practicadas, o instrutor formulará o correspondente prego de cargos.
12.prego de cargos deberá redactarse de modo claro e preciso, comprenderá os feitos imputados ao inculpado en parágrafos separados e numerados por cada un deles e expresará, de ser o caso, a falta presunta cometida e as sancións que puidesen serlle de aplicación, con referencia aos preceptos destes estatutos.
13.prego de cargos notificaráselle ao inculpado, e concederáselle un prazo non inferior a dez días, nin superior a quince, para que poida contestalo coas alegacións que considere pertinentes e a achega de documentos que considere de interese. Así mesmo, o inculpado poderá solicitar a realización, na súa contestación, de calquera medio de proba admisible en dereito que crea necesario.
14.instrutor disporá do prazo dun mes para a práctica das probas que estime pertinentes, sexan ou non as propostas, con notificación ao inculpado do lugar, data e hora para a práctica destas, co fin de que poida intervir.
15.instrutor poderá denegar unicamente a admisión e práctica das probas que considere innecesarias ou improcedentes, en resolución motivada contra a que non se poderá recorrer, sen prexuízo das alegacións que ao respecto procedan nas actuacións e recursos ulteriores.
16.Nos casos en que, por petición do interesado, deban efectuarse probas en que a súa realización implique gastos que non deba soportar o colexio, este poderá exixir o seu anticipo, para reserva da liquidación definitiva, unha vez practicada a proba. A liquidación dos gastos practicarase unindo os comprobantes que acrediten a súa realidade e contía.
17.Transcorridas as actuacións, o instrutor, dentro dos dez días seguintes, formulará proposta de resolución en que se fixarán con precisión os feitos, motivará, de ser o caso, a denegación de probas, fará a valoración daqueles para determinar a falta que considere cometida e precisará a responsabilidade do inculpado, así como a sanción por impoñer.
18.A proposta de resolución notificaráselle ao inculpado para que no prazo de dez días, con vista do expediente, poida alegar ante o instrutor canto considere conveniente na súa defensa.
19.instrutor, oído o inculpado ou transcorrido o prazo sen alegación ningunha, remitirá o expediente completo á Xunta de Goberno, co seu informe.
20.A Xunta de Goberno resolverá o expediente na primeira sesión que convoque tras a recepción do expediente.
Non obstante, a Xunta de Goberno poderá, antes de adoptar a súa resolución, ordenarlle ao instrutor a realización daqueles trámites que por omisión non se levasen a cabo e resulten imprescindibles para a adopción do acordo de resolución definitivo. Desas aclaracións daráselle traslado ao inculpado para que alegue o que considere conveniente nun prazo improrrogable de dez días.
21.A resolución da Xunta de Goberno que poña fin ao expediente disciplinario deberá ser motivada, resolverá todas as cuestións suscitadas no expediente e non poderá afectar feitos distintos dos que serviron de base ao prego de cargos e á proposta de resolución, sen prexuízo da súa distinta valoración. Na adopción do acordo non intervirán os actuantes na fase instrutora do expediente, en calidade de instrutor ou secretario.
22.acordo deberá ser tomado pola Xunta de Goberno mediante votación secreta e con conformi dade das dúas terceiras partes dos membros presentes.
No cómputo do quórum non se terán en conta os membros da Xunta de Goberno que non poidan intervir na adopción do acordo.
23.A resolución que se dite deberá ser notificada ao inculpado e, de ser o caso, ao denunciante dos feitos, con expresión dos recursos que contra esta se poidan interpoñer, órgano ante o que deberán presentarse e prazos para a súa interposición.
No non previsto nos números anteriores, observarase o establecido no Regulamento de procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, Decreto 1398/1995, do 4 de agosto.
Artigo 64°.-Os recursos en materia disciplinaria.
1.Contra a resolución que poña fin ao expediente, o interesado poderá, no prazo dun mes, interpoñer recurso de alzada ante o Consello Autonómico de Colexios Farmacéuticos, no caso da súa creación, ou, de non existir, ante o Consello Xeral de Colexios Oficiais de Farmacéuticos. Se o recurso fose presentado no colexio, este, dentro dos dez días seguintes, remitirallo en unión do expediente instruído e do informe, ao Consello Xeral de Colexios de Farmacéuticos, ou Consello Autonómico. Sen prexuízo diso caberá interpoñer recurso de alzada ante a Con sellería de Sanidade nas materias en que esa consellería sexa competente.
2.As sancións disciplinarias, unha vez que sexan firmes en vía administrativa, serán executadas pola Xunta de Goberno nos propios termos da resolución que acorde a súa imposición. Non obstante, a Xunta de Goberno do colexio poderá acordar, de oficio ou por instancia de parte, cando se acredite a interposición pertinente do recurso contencioso-administrativo, a suspensión da execución en canto se substancie, sen prexuízo do dereito do interesado a solicitar tal suspensión no ámbito do propio recurso contencioso-administrativo. En todo caso, cando a sanción consista na suspensión no exercicio profesional, a execución quedará en suspenso ata que a sanción resulte definitivamente firme.
3.As sancións que impliquen suspensión no exercicio da profesión dun colexio terán efecto no ámbito de todos os colexios oficiais de farmacéuticos de España, de forma que deberán ser comunicadas ao Consello Xeral de Colexios de Farmacéuticos para que este o traslade aos demais colexios e ás autoridades sanitarias.